TEATRO NO COLE

O pasado Mércores asistimos, no colexio, á obra"Lume", representada por Babaluva.

Primeiro as dúas actrices nos contaron un conto, no que os animais dun bosque tiñan que facerlle fronte ao"lume" empeñado en queimalo todo.
O conto dicía así:"Había unha vez un carballo ao que lle caeron as landras e formouse un bosque. Había moitos animais: un porco espiño, unha vaca, unha ra, unha vacaloura, unha araña, unha eiruga, un esquío e outros. Vivían todos moi felices. Unha señora tirou un cigarro ao chan e formouse un incendio. Os animais non puideron apagar o lume. Chamaron á nube e a nube apagou o lume".
Despois as actrices representaron o conto sen falar.

Os animais estaban construídos de toallas, medias, banquetas, iogures, vasos de plástico.
A obra lenbrounos  o coidado e o respeto que debemos ter ao noso entorno.