SORPRESAS DE HALLOWEEN

O venres tivemos a oportunidade de atravesar   un túnel cheo de sorpresas de "Haloween". Pasámolo de medo! 

 

A FESTA DO SAMAÍN


Como en anos anteriores, co gaio do SAMAÍN, imos facer unha exposición coas cabazas que os nenos/as decoren (con axuda dos papás/mamás,...).

Xa sexa como adorno ou como ingrediente básico de moitas receitas, a cabaza é a protagonista indiscutible do Samaín. A cabaza é orixinaria de América e pertence á familia das cucurbitáceas.

Producto de outono por excelencia, a cabaza é o froito da cabaceira, unha planta orixinaria de América que pertence á familia das cucurbitáceas. Hainas de tamaños, cores e formas moi diferentes, dependendo da variedade.

A máis coñecida ten forma redonda e aparece decorando moitos fogares durante a festa do Samaín (en EEUU teñen unha tradición similar, o Halloween, aínda que alí só ten século e medio de antigüidade).

Tallar a cabaza é unha actividade divertida para toda a familia, dende os máis pequerrechos ata os máis grandes. Aquí tedes algunhas pistas e ideas para facer cabazas moi bonitas...
1) Primeiro, elixir a cabaza, se é posible. Intentade conseguir una cabaza de tamaño mediano (polo menos 30 cm de alto se pensades meterlle unha vela), coa pel lisa e cun bo tallo.

2) Cun lápis ou rotulador lavable, debuxádelle a cara que queredes conquerir -alegre, ameazante, enfadada, ¡o que queirades!-

3) Cubride a zona de traballo con moito papel de periódico, e asegúrate que todos os participantes levan un delantal ou roupa vella.

4) Para a tapa, debuxade un círculo (ou un pentágono ou hexágono, máis difíciles de debuxar pero máis doados de cortar) polo menos de 25 cm de diámetro ó redor do tallo. (¡SÓ PARA ADULTOS!) Cun coitelo forte, cortádeo en ángulo (coa punta do coitelo apuntando cara ó centro da cabaza) para evitar que despois a tapa caia dentro da cabaza. TRUCO: non saquedes o coitelo da cabaza ata que cortaras todo o círculo, así evítanse bordes desiguais.

5) Sacade a tapa, e quitade as sementes pegadas. TRUCO: se queredes que a vosa casa despois ula a canela, espolvoreade un pouco de canela moída enriba da carne da tapa.

6) Esta parte adoita gustarlle ós nenos pequenos: Cunha culler grande, quitade todas as sementes de dentro da cabaza.

7) Agora tócalle ás mans máis fortes: Cando xa se quitou todo o "pegañento" de dentro, hai que raspar as paredes da cabaza dende dentro, quitando o que se poida da carne. Non tedes que quitar toda a carne, só a suficiente para deixar as paredes finas (para que sexa máis doada de tallar) pero firmes, aproximadamente uns 3 cm de ancho.

8) Escavade unha base no "chan" da cabaza para soportar unha vela, pero coidado, non a fagades demasiada fina para que non podreza.

9) Agora a cabaza está lista para tallar. Comezando no centro do deseño (para non presionar zonas xa talladas), recortade con moito coidado as formas debuxadas. Isto require moito coidado, por seguridade e tamén para non estropear o deseño. "Marcade" cada liña algunhas veces coa punta do coitelo antes de insertalo, e facede varios cortes pequeniños en troques dun grande. Cando xa teñades unha peza cortada, empurradea dende dentro cun dedo (¡isto encántalles ós nenos pequenos!). Teredes que facer algunhas formas, como sorrisos con dentes, en varias pezas. TRUCO: se por accidente cortades un anaco que non forma parte do deseño, podedes "coselo" no seu sitio con palillos, ou cambiade o deseño para incorporar o accidente - ¡a veces os mellores deseños saen de imprevistos!

10) Agora é o momento de apreciar a obra de arte. Colocade dentro unha vela, acendedea, tapade a cabaza e apagade as luces. ¿Abraiante, non si? Tedes que asentar ben a vela. Se cae, a cabaza arde con facilidade e é perigoso. Tampouco deberiades deixar a cabaza “acesa” de noite, pola mesma razón. Por iso se recomendan as velas baixas (tipo bolboreta), de base metálica e ancha. Tamén pode utilizarse algún tipo de bombilla eléctrica con pila se a cabaza vai estar estática nalgún lugar. TRUCO: se a vela non se mantén acesa, pode ser que non estea recibindo suficiente aire. Intentade ampliar algúns dos ocos, ou cortade un "v" na tapa no lado oposto da cara para que non se vexa.


Para alongar a vida da cabaza, cubride as superficies cortadas (os ollos, a boca, a tapa, o interior das paredes, etc.) con vaselina ou algo similar. Isto evita que se deshidrate e podreza. Tampouco a deixedes ó sol. Pola noite, cando non estea asustando á familia ou ós veciños, gardadea na neveira, se é posible. Se non o é, nun lugar fresco e oscuro. Se a túa cabaza se deshidrata e enruga, podes reavivala sumerxíndoa nun cubo de auga.Poñede as sementes (ben lavadas) no forno a temperatura baixa durante aproximadamente unha hora para conseguir unhas pebidas deliciosas.

FESTAS DE CUMPREANOS.



Os mestres de Educación Infantil decidimos que este ano os cumpreanos se celebrarán de forma conxunta.

Celebraremos unha festa de cumpreanos ao finalizar cada mes, cos nenos/as que cumpran ao longo de dito mes.

Para iso, cada titor/a avisará con antelación ás familias dos nenos/as que cumpran nos meses correspondentes por se deciden celebrar dita festa para que se poñan dacordo co resto das familas dos nenos/as que cumpren nas mesmas datas (para mercar as"cousiñas" que desexen para a festa: tarta de cumpreanos ou patacas fritas, gusnitos, zumos,...)



A IMPORTANCIA DA AUTONOMÍA NA EDUCACIÓN INFANTIL

Unha maior autonomía favorece a capacidade de decisión dos nenos/as.

Como ben sabemos, todo se aprende , e polo tanto, todo se enseña. Para que os nenos/as sean independientes e autónomos, dependerá moito da educación que lles deamos.

Polo tanto, será importante que non nos anticipemos ás accións dos nenos/as, a non deixarlles actuar ou a facer outras cousas que poden facer soliños/as.

Os nenos/as aprenden a ser autónomos nas pequenas actividade diarias que se desenvolven na casa, no colexio,...

Os nenos/as queren medrar, queren demostrar que son maiores en todo momento.

Polo tanto, pais e educadores, debemos aplicar tarefas que axuden aos nenos/as a que demostren as súas habilidades e o seus esforzos. Poñer, recoller, agarrar, abrochar e desabrochar, ir ao baño, comer soliños/as,... son accións que axudarán aos nenos/as a situarse no espacio no que viven, e a sentirse partícipes na familia e entre os seus amigos.



COIDAMOS O PLANETA

Ao longo do curso aprenderemos diferentes formas de coidar o noso planeta: axudando a Bob esponxa, Dora a exploradora,... a reducir as emisións de CO2,...  todo isto dunha forma moi entretida.


Papás e mamás, vos tamén podedes axudarnos. Aquí vos deixo algunhas suxerencias:
- Empregando bombillas de baixo consumo.
- Empregando material reciclado.
- Empregando transporte sostible.
- Prantando árbores.

UNIDAD 1. PAPELILLO E PAPELOTE

Esta unidade xirará en torno a un dos principais ambiente nos que os nenos/as se sesenvolven: a escola.

A través das distintas actividades que imos propoñer os nenos/as achegaranse e coñecerán a outras persoas, espacios, e normas disitntas ás familiares. Experimentarán diferentes situacións e procuraremos que participen e se integren nelas.

Dialogaremos sobre a importancia de manter a aula e os seus espacios limpios e ordenados e sentaremos as bases para que a vida na aula sexa o máis organizada posible co fin de que todos se sintan cómodos e alegres.

Ademáis traballaremos aspectos relacionados co coñecemento do corpo, aautonomía personal, a expresión de sentimentos e emocións, o coidado dos aspacios, o respeto e a aceptación dos demáis,...

UNIDADE. ¡COMEZAMOS!

Mediante esta unidade inicial pretendemos que os nenos e as nenas se vaian adaptando á vida e á rutina escolar.


Ao longo desta unidade traballamos nunha serie de actividades, xogos,...para que a entrada no colexio se realice do xeito máis alegre e entretido posible e para que os nenos/as coñezan aos seus compañeiros/as e á mestra, e se familiaricen cos materiais, cos espacios da aula, coa dinámica do grupo,...