PAPELOTE VAI Á CASA DE RAÚL.


Raúl levouse unha sorpresa moi grande  cando se enterou de que Papelote iría a súa casa. Cando chegaron a casa Papelote comeu con Raúl(tiña moitísima fame). Pola tarde foron a Coruña,  porque o sábado era o cumpreanos da súa avoa. Como fixo sol foron á praia con Papelote e gustóulle moitísimo. Tamén puido dar unha volta nos coches da festa, e despois non se quería baixar deles. Os tres días durmiron xuntos e fíxolle moita compañía. ¡Pasárono moi ben xuntos!

UN CONTACONTOS ESPECIAL...

O papá de Teo veunos contar un conto...


... foi un conto especial, porque puidemos adentrarnos nel grazas as súas paisaxes tridimensionais...


... ¡gustounos moito!


¡MOITAS GRAZAS! de parte de todos os nenos/as e da profe Tere.

TRABALLANDO NO LIBRO DIXITAL.





4ª FESTA DE CUMPREANOS.

Anás, Antía, Daniel e Sergio celebraron o seu cumpreanos cos seus compañeiros/as da clase. Invitáronos a palomitas, patacas, zumos e unha tarta.Ummmmmmmmm...estaba todo riquísimo!

PAPELOTE VAI Á CASA DE SARA.


Sara chegou o venres a casa(despois do cole) moi contenta pois tiña a misión de coidar a Papelote. Xogou moito con el, fixeron puzzles, deulle de comer e durmiron xuntos as 3 noites. Deulle moitos bicos e abrazos a xogaron aos médicos. A "doctora Sara" tamén lle fixo un recoñecemento médico(pois sempre se asegura de que os seus bonecos gocen de boa saúde).

XOGAMOS CON GLOBOS XIGANTES.

Alicia trouxo uns globos xigantes para xogar cos seus compañeiros/as do cole. Todos/as se puxeron moi contentos e pasaron un rato moi entretido...




APRENDEMOS INGLÉS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS...

Sergio trouxo un CD de inglés para o ordenador e aproveitamos para traballar un pouquiño as cores en inglés.



 Gustóunos moito!

UNS CONTACONTOS ESPECIAIS...

Raquel e Jose(os pais de Delia) viñéronnos contar un conto. Carrapuchiña, a súa nai, a súa avoa, o lobo...todos estaban alí! no conto de "Carrapuchiña vermella".


Gustounos moito. ¡Moitas grazas aos tres!

PAPELOTE VAI Á CASA DE CLAUDIA.

Papelote estivo na casa de Claudia e alí coñeceu a súa familia. Claudia estivo moi contenta porque por fin tiña na súa casa ao seu amiguiño Papelote, xogando con ela e co seu irmán Xesús.
Xesús tamén agarimou a Papelote e montouno no seu cabaliño e no seu coche. Ademáis tamén viron xuntos unha película dunha balea. Pasárono moi ben! 

A SORPRESA DE LUCÍA.


Comezamos a semana cunha gran sorpresa para todos/as. Lucía trouxo algúns dos seus xoguetes da casa para compartir cos seus compañeiros e compañeiras do cole.
¡Moitas grazas Lucía!

TRABALLANDO NO LIBRO DIXITAL.

PAPELOTE VAI Á CASA DE SERGIO.




A fin de semana foi moi especial para Sergio porque Papelote estivo na súa casa. Fíxolle moita ilusión ensinarlle os seus xoguetes preferidos e xogaron con eles. Sergio tamén lle ensinou todo o que fai na casa dende que chega do cole. Foron 2 días que nunca esquecerá!

VISITA DUN CONTACONTOS AO COLE

O pasado Xoves os nenos/as de infantil recibiron a visita dun contacontos que lles filxo pasar un rato moi entretido.




CELEBRANDO O DÍA ECOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

A celebración do día da paz o 30 de xaneiro, levounos a reflexionar sobre a situación do mundo en que estamos a vivir. Tamén falamos do siginificado da palabra PAZ.