GRAFOMOTRICIDADE 2.

Ao longo do 2º TRIMESTRE,para iniciar aos nenos/as na realización de trazos grafomotrices e desenrolar a cordinación óculo-manual, traballaremos os seguintes aspectos:

- Iniciación ás combinacións de trazos.
- Trazo curvo libre e dirixido.
- Iniciación á combinación de trazos curvos.

CIRCUÍTO CON AROS.





MATEMÁTICAS 2.

Ao longo deste 2º Trimestre traballaremos os seguintes aspectos:

- Cardinais 1 e 2.
- Nocións básicas de medida: grande- pequeno, longo-corto.
- Propiedades de obxectos: igual/distinto. Cor.
- Cuatificadores básicos: máis que.
- Nocións espaciais básicas: arriba/abaixo.
- Iniciación á seriación.
- Iniciación á lectura de etiquetas.
- Iniciación ao razonamento lóxico.

APRENDENDO CO LIBRO DIXITAL...





PAPELOTE VAI Á CASA DE ALEJANDRO PÉREZ.


Alejandro púxose moi contento cando saliu do colexio con papelote. Tamén se alegrou Nerea, a súa irmá, e os seus pais, cando lles presentou a súa nova mascota.
Pasárono moi ben compartido xogos durante toda a fin de semana.

A TARTARUGA "MANUELITA".


Coñecemos un pouquiño máis á tartaruga "Manuelita" por medio desta canción.

CIRCUÍTO DE PSICOMOTRICIDADE.

Na sesión de psicomotricidade desta semana realizamos un circuito.


Neste circuito realizado con diferentes módulos de espuma de diferentes cores e formas e colchonetas, os nenos/as recorreron un traxecto durante o que se foron atopando con diferentes exercicios( gateando, arrastrándose,...)


A HIXIENE DAS MANS...


A hixiene das mans é a mellor barreira para evitar moitas enfermidades. Grazas ás mans podemos realizar moitas actividades. O contacto destas con papeis, alimentos crudos, obxetos, cartos, animais ou ambientes sucios, favorece o transporte de xérmenes e bacterias de enfermidades.


Polo tanto, debemos mantelas limpias, porque con elas tocamos a cara, os ollos, a boca, collemos algúns alimentos,...

Un hábito fundamental é a hixiene das mans antes de comer,despois de xogar,... tanto na casa como no colexio e en calquera outro lugar.
 

Para fomentar esta rutina no cole cantamos sempre unha canción:

"Siempre, siempre, las manitas,
nos tenemos que lavar...
antes de comer
y despues de jugar".


UNIDADE 4: COPO, O BONECO DE NEVE.

Nesta unidade o INVERNO, o COIDADO DO CORPO e a SAÚDE, e os XOGOSXOGUETES, constitúen os temas fundamentais.

Aproveitaremos a chegada dos reis Magos e Papá Noel para traballar a importancia de coidar os xoguetes.Intentaremos que os nenos/as se responsabilicen deles, así como que manteñan actitudes de respeto nos xogos, como a solidariedade, a cooperación e o cumprimento das normas. Potenciaremos os xogos que favorezcan a imaxinación, a socialización, a cooperación, o compañerismo, descartando todos aqueles que inciten á competitividade e á violencia.

Conversaremos cos nenos/as sobre aspectos relacionados coa nova estación: O INVERNO, as prendas de vestir necesarias para abrigarnos(guantes, gorros,...). Ademáis tamén descubrirán que o entorno tamén cambiou, observando a paisaxe invernal a través de fotografías e experientando e vendo  fenómenos atmosféricos como achoiva, a neve, o frío,...

Comprobarán, ademáis, as transformación das árbores, a prantas e os animais como consecuencia da chegada do INVERNO.

Intentaremos que, a través das distintas actividades que propoñemos, os nenos/as adquiran actitudes relacionadas co benestar, a seguridade pesoal e o fortalecemento da saúde e a hixiene.

Ademáis, traballaremos aspectos reacionados co coñecemento do corpo, a autonomía persoal, a expresión de sentimento e emocións, o coidado dos espacios, o respeto, a aceptación dos demáis,... 

PAPELOTE VAI Á CASA DE ALICIA.


Papelote foi pasar a fin de semana a casa de Alicia. Tamén foi Iván, o amigo de Alicia, e pasárono xenial. Xogaron, fixeron algunha trastada e ensináronlle a Papelote o fermosas que están as rúas iluminadas da nosa cidade(pola chegada do Nadal).

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE


Despois dunha pequena paradiña toca volver ao cole a seguir aprendendo moitas cousas.
Ao longo deste 2º trimestre imos traballar cos seguintes materiais:
- Carpeta “Papelillos”, 2º TRIMESTRE.

- Grafomotricidade 2. Iniciación.

- Matemáticas. Caderno 2.
 
O próximo MARTES DÍA 11, os nenos/as deberán traer estes cadernos ao cole.

Lembrade que todos os cadernos deben traer o nome do neno/a (tamén os que están dentro da carpeta de “Papelillos” do 2º trimestre).


MOITAS GRAZAS!                                    Un saúdo.













FELIZ ANO A TODOS/AS!



SORPRESAS DE NADAL...

Despedimos o 1º trimestre cun día cheo de sorpresas...

Disfrutamos dunha sesión de maxia, de mans do profe Alberto, que nos deixou totalmente abraiados cos seus xogos máxicos.


Papá Noel veu a visitarnos ao cole e fíxonos entrega dunhas lambetadas...


 E...para rematar, o profe de música, profe Juan, acompañado dun grupo de nenos/as de primaria encheron de música a nosa aula...

Pasámolo xenial...¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!