CREAMOS UN CONTO.

Fai algunhas semanas comezamos a crear un conto, epregando o programa de audio: audacity e o encerado dixital( que epregamos para crear as imáxes).

¡Esperamos que vos guste!


FESTIVAL FIN DE CURSO 2011.

O próximo 27 de Maio, as 19:30 terá lugar o FESTIVAL FIN DE CURSO do colexio no AUDITORIO GUSTAVO FREIRE (no Parque de A Milagrosa).

Os nenos/as terán que levar posto:
- camiseta laranxa.
- pantalón ou falda vaqueira.
- guantes de algodón brancos.

¡ESPERÁMOSVOS A TODOS/AS!

DEFENSORES DA MURALLA.

Outro ano máis participamos na undécima edición dos PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO, convocados polo grupo El Progreso, en colaboración coa Xunta, o Concello, a Vicepresidencia Primeira da Diputación, Novacaixagalicia e a universidade de Santiago.

Polo noso traballo ben feito gasalláronnos cun diploma que nos declara DEFENSORES DA MURALLA.

¡NORABOA A TODOS/AS!
  




PAPELOTE VAI Á CASA DE NOHAILA.

Nohaila pasouno moi ben a fin de semana xogando con Papelote.

CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA.

O pasado MARTES 17 DE MAIO o deporte a a solidariedade déronse a man na Carreira Solidaria pola Auga, que congregou a cerca de 500 corredore na Praza da Milagrosa.

Fai "click" na imaxe para ver a nova.

DÍA DAS "LETRAS GALEGAS".

O pasado martes, 17 de Maio, celebramos o "Día das Letras Galegas", este ano adicado a Lois Pereiro.

Para celebralo os nenos/as fixeron uns traballiños e aprenderon unha poesía en galego....



PAPELOTE VAI Á CASA DE ÁNGEL JESÚS.

Papelote pasouno moi ben xogando con ÁNGEL ao longo de toda a fin de semana.

¡"A", "E", "I", "O","U"!

Ao longo deste trimestre estamos traballando as letras "A", "E", "I", "O","U".


      Fai "click" na imaxe para seguir aprendendo.

PAPELOTE VAI Á CASA DE CARLA.

Carla salíu moi contenta do cole o venres ao mediodía porque levaba a Papelote para a súa casa. Pero a súa maior sorpresa foi cando se enterou de que pasaría moitos días coa súa mascota.
Fixeron moitas cousas xuntos: foron ao fútbol, ao parque, ás procesións de Semana Santa,...
Tamén levou a Papelote á aldea onde, xunto coa súa irmá Laura, prantaron algunhas flores. Pasárono moi ben!

"LOS GIRASOLES" DE VAN GOGH.

Vincent Willem van Gogh 128.jpg

Pintamos "Los Girasoles" de Van Gogh...

HABÍA UNHA VEZ...

...¡UN CIRCO!

Convertidos en verdadeiros artistas do circo...


equilibristas...

forzudos...

e malabaristas...

PAPELOTE VAI Á CASA DE DAVID.

Papelote estivo na casa de David. Pasárono moi ben xuntos.. Xogaron coa pista de coches, durmiron xuntos e foron ao parque. O domingo foron comer á casa da tía de David e a Papelote gustoulle moito a comida porque estaba moi rica.
Pasaron unha fin de semana moi entretida.

¡FELIZ DÍA MAMÁS!

¡FELICIDADES A TODAS AS "MAMIS"!