BO VERÁN A TODOS/AS!

Despois dun curso cheo de traballo, xogos, ... despedímonos ata o vindeiro curso...


Vémonos en Setembro!

DESFILE COLEXIOS "ARDE LUCUS" 2012!

O  pasado domingo o noso cole quedou moi ben representado no desfile de colexios do Arde Lucus...





Preme na imáxe para ver máis fotos do desfile.

FESTA FIN DE CURSO 2011-2012!

O pasado venres despedimos o curso cunha festa...


... para desexarnos a todos/as un... BO VERÁN!

Preme na imáxe para ver máis fotos.

DESPEDIMOS O CURSO DESFRUTANDO NA NATUREZA.

Os máis peques do cole puideron desfrutar dunha xornada ao aire libre en Marcelle para despedir o curso...

Preme na imáxe para ver o ben que o pasamos...

DÍA DA "SEGURIDADE VIAL"

O pasado 10 de Xunio celebrouse o DÍA DA "SEGURIDADE VIAL".
Para celebralo na aula falamos da importancia de coñecer sinais de tráfico para evitar accidentes.
E grazas ao papá de Aitana, que nos facilitou unhas presentacións, puidemos coñecer mellor algúns sinais... e ata colorealos...





7ª FESTA DE CUMPREANOS!

O pasado venres celebramos a última festa de cumpreanos deste curso.



Celebramos os cumpreanos de: Sofía, Hugo Seoane, Taha, Lucas e Jaime.


Invitáronnos a uns aperitivos salados, uns zumos e unha rica tarta de chocolate.

Ademáis entregáronnos uns conos de gominolas.
Moitas grazas aos cinco!

DÍA DA CARIDADE!

O próximo domingo celébrase o "DÍA DA CARIDADE". Para celebralo falamos da importancia de certos valores para ser boas persoas(solidariedade, paz,...)e elaboramos un mural entre todos/as co seguinte lema:
"SI QUIERES REÍR LO MEJOR ES COMPARTIR".
Mañá xoves día 7, ás 18 horas, no salón de actos de Caixa Galicia(na praza de Sta Mª) farase entrega a todos os participantes dun pequeno agasallo e  ao rematar terán globoflexia, xogos populares e xogos cooperativos na Praza de Sta Mª.

BOLSAS ESCOLARES PARA EDUCACIÓN INFANTIL!

O 1 de Xuño fíxose público no DOG o anuncio das BOLSAS ESCOLARES DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA O SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL para o vindeiro curso 2012-2013.
Tedes máis información no taboleiros do colexio.

FESTA DE CUMPREANOS DE ALEJANDRA, MARCOS, KAMAL E JOSUÉ.

O pasado venres celebramos a festa de cumpreanos de Alejandra, Marcos, Kamal e Josué que convidaron aos seus compañeiros/as a gusanitos, gominolas, zumos e uns ricos doces.


FELICIDADES AOS CATRO!

DEFENSORES DA NOSA MURALLA!

Recibimos uns diplomas que nos acreditan como DEFENSORES DA MURALLA pola nosa participación nos PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO.





NORABOA A TOD@AS!