FESTA DE CUMPREANOS DE AITANA, SAMUEL E RODRIGO.

Hoxe celebramos a festa de cumpreanos de Aitana, Samuel e Rodrigo.


Para celebralo invitaron aos seus compañeiros/as a uns ricos aperitivos, zumos e unha deliciosa tarta de chocolate. Ademáis entregáronlles uns agasallos de recordo e entre todos realizamos unhas coloridas tartas con debuxos para eles.

Podedes ver máis fotos na galería da parte inferior dereita deste blogue.

DESFILE DE COMPARSAS DE ENTROIDO.

O pasado venres, e para finalizar as celebracións de entroido no cole, participamos no desfile de comparsas de entroido vestidos de "XOANIÑAS"...
Podes ver máis fotos na galería de fotos da parte inferior dereita deste blogue.

BAILE DE ENTROIDO 2012.

Princesas, piratas, paiasos,...encheron a nosa aula no BAILE DE ENTROIDO...



Música, bailes e un rico e quentiño chocolate con bizcoitos para esta tarde de festa...


Podes ver máis fotos na parte inferior dereita deste blogue.

FESTA DE ENTROIDO 2012.

O pasado xoves celebramos a Festa de Entroido na que se  xuntaron todos os nenos/as e mestres de infantil para degustar productos típicos destas festa...


Os nenos/as puideron degustar todo tipo de postres de entroido: orellas, rosquillas, freixós...todo isto non sería posible sen a colaboración das familias dos nosos nenos/as. Moitas grazas a todos/as!



Podes ver máis fotos na parte inferior dereita deste blogue.

COMO PAPELOTE...

Neste Entroido tamén tivemos a oportunidade de disfrazarnos da mascota da nosa clase, PAPELOTE...







SOMOS INDIOS!

Este Entroido tivemos a oportunidade de converternos nunha "tribu india" o que nos axudou a coñecer un pouquiño máis aos indios...
Vivían en América do Norte...

Vivían en "tipis"...
Adornábanse con cintas de cores, plumas,...
 
Cazaban bisontes...



En ocasións enfadábanse con vaqueiros pero pronto facían as paces e xuntábanse arredor dunha fogueira...

Construían estatuas, chamadas "totems"...




e...

Gustáballes moito facer bailes e danzas, tamén para que chovera...


ÚLTIMAS NOVAS DA TRIBU INDIA ACAMPADA NO “NOSO BOSQUE ENCANTADO”.

Preme na imáxe para ampliar a nova.

SOMOS UNS ARTISTAS!

Despois de coñecer a obra de "Madre e hija delante del sol" de Joan Miró realizamos as nosas propias obras de arte...








TRABALLANDO NO ENCERADO DIXITAL.






O pasado Luns, 30 de Xaneiro celebramos o "Día Escolar de la No-violencia y la Paz ".


Para celebralo elaboramos diferentes traballos e falamos do que significa para nos a palabra PAZ...

COÑECEMOS UNS NOVOS INSTRUMENTOS MUSICAIS....

Na última sesión na que traballamos a educación musical puidemos coñecer uns novos instrumentos musicais: os axóuxeres.