CONTACONTOS DE NADAL!

Ademáis da visita de Papá Noel, o último día de cole do trimestre tamén tivemos máis sorpresas...



a visita dunha Contacontos de Nadal que nos fixo pasar un rato moi entretido.

VISITA DE PAPÁ NOEL!

O pasado venres recibimos a visita de Papá Noel no noso cole...


Encantounos a sorpresa e,ademáis, tróuxonos un pequeno agasallo!

BELÉN VIVINTE NO MAR...

Un ano máis os máis peques do cole, polo nadal, fixeron unha pequena representación dun belén vivinte...

Nesta ocasión a representación foi no medio do océano... 

Ademáis,os compañeiros/as de Primaria e Juan, o mestre de música, encheron de música a representación...

VISITA AO BELÉN DE BEGONTE!

O pasado Xoves realizamos unha visita ao Belén de Begonte.


Neste belén puidemos observar como as figuras están animadas electronicamente.
Misterio-Belen de Begonte
Todas conforman unha escena de Belén tradicional con escenas típicas de Galicia: os pastores atenden o gando, os pescadores pescando, os labregos cultivan a terra,...

CREANDO POSTAIS DE NADAL...







1ª FESTA DE CUMPREANOS!

O pasado Venres celebramos a 1ª festa de cumpreanos do curso...


Sara, Aldara, Gorka, Noa Arribas e Hugo Villar celebraron o seu cumpre convidando aos seus compañeiros/as a uns aperitivos salados, zumos e unha tarta...



Ademáis, tamén lles entregaron un agasallo...

Nos tamén lles fixemos un agasallo polo seu cumpre...


unhas "raniñas" con debuxos!!!

MOITAS FELICIDADES!

CREANDO PEIXES CON MATERIAL DE REFUGALLO(BOTELLAS DE PLÁSTICO)

Pintamos as botellas de cores...

E despois deixámolas secar...
para pegarlles as aletas,ollos,...

ADORNAMOS A NOSA AULA POLO NADAL...

Xa faltan poucas semanas para o nadal así que tocounos adornar a aula cos adornos que os nenos/as trouxeron das súas casas...






VISITA ÁS AULAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

Fai uns días realizamos unha visita ás aulas de 1º e 2º de Primaria para coñecer as súas mascotas(uns peixes de cores).




Alí,os nosos compañeiros/as maiores contáronnos os coidados básicos dos peixes e ata nos deixaron darlles de comer...

SOMOS PORTADA NO XORNAL!


O pasado Venres puidemos vernos no Xornal de "La voz de galicia" nos diferentes obradoiros que se realizaron no cole o día anterior para a elaboración de diferentes produtos ecolóxicos para o "Mercadillo Solidario".




Podedes ver máis información premendo AQUÍ.

CREAMOS "SALES DE BAÑO"!

Dentro dunhas semanas, coa chegada do Nadal, no noso cole realizaremos un "MERCADILLO SOLIDARIO"  no que os nenos/as cambiarán diferentes produtos ecolóxicos(xabóns, cremas e sales de baño feitas por eles) por alimentos que despois donaremos a Cáritas e ao Banco de alimentos da nosa cidade
Para iso, o pasado Xoves, na nosa aula realizamos  un obradorio de "Sales de Baño".

Empregamos sal gorda, colorantes de diferentes cores e diferentes esencias aromáticas...

botamos sal gorda...

unhas gotiñas de colorante...
e unhas gotiñas de esencia aromática...
mesturamos ben...

ummmmmmm...que ben ule!
e deixamos reposar  uns días....

CREANDO PEIXES DE CORES CON MATERIAL DE REFUGALLO.

Despois de investigar un pouquiño nos materiais que trouxemos ao cole sobre o "Fondo do mar" atopámonos con que o mar está cheo de peixes de diferentes cores, tamaños,... e de moitas formas.

Así que decidimos facer os nosos propios peixes con material de refugallo...
Nesta ocasión empregamos pratos de cartón que pintamos de diferentes cores...



e, despois de deixalos secar ben, decorámolos con moitos gomets.