PINTAMOS UN MORCEGO PARA O SAMAÍN.





TRABALLANDO NO ENCERADO DIXITAL!








PRIMEIRAS CABAZAS DECORADAS DO SAMAÍN.

Oliver,Álvaro, Gorka e Adrián trouxeron ao cole as primeiras cabazas decoradas para o SAMAÍN.


Tamén trouxeron as súas cabazas decoradas Selena, Alba e Hugo Rouco.


Quedáronlles fermosas, verdade?Pois...xa sabedes,
Animádevos a seguir participando!

PRIMEIRAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE.


Ao longo destas primeiras sesións de psicomotricidade, ademáis da importancia dun bo quecemento para evitar lesións, 


traballamos diferentes aspectos: dentro-fóra,arriba-abaixo,... a través de diferentes xogos... 




VISITA DO CB BREOGÁN!

O pasado luns recibimos a visita do C.B. BREOGÁN!



Michel Diouf, Álex López e Martín Gómez visitaron o noso cole  e animáronnos a practicar deporte sen esquecernos de seguir estudiando.

Para recibilos elaboramos unha pancarta animando ao noso equipo que, ao rematar a visita, nos firmaron todos os xogadores.
Diouf, Álex y Martín repartíronnos pequenos agasallos do seu clube e, ademáis, invitáronnos a un encontro do breogán como local.
FORZA BREO!



FESTEXAMOS O "SAN FROILÁN"!




Estes días estanse celebrando as festas do patrón da nosa cidade. O San froilán, festa declarada de Interés Turístico Nacional, é unha das festas máis coñecidas en toda España e, ademáis, tamén e moi coñecido o noso "Polbo á Feira".


Por iso na nosa aula aproveitamos para coñecer máis a fondo a este animal marino. Despois de falar un pouquiño das súas características pintamos entre todos un polbo xigante para decorar o patio.




 


FELIZ SAN FROILÁN!