APRENDEMOS CON "GOTTI" !

 
"GOTTI" é unha gotiña de auga que visitou a nosa aula para ensinarnos o importante que é a auga e a importancia de non desperdiciala...
 
 
A auga é necesaria para a nosa vida...
 
e para o resto de seres vivos...
 
 
E, polo tanto, debemos...
Tirar da cisterna só cando é necesario...
 
Pechar as billas despois de lavar as mans...
 
 
 

CARLA E HUGO REPRESENTARONNOS UNHA FUNCIÓN DE MARIONETAS.

 
Carla e Hugo están feitos uns artistas!
Construíron e decoraron(coa axuda dos seus papás e mamás) o seu propio teatro de marionetas e trouxérono ao cole para ensinárnolo e representarnos unha pequena función.
 
 
 
 
Moitas grazas Carla e Hugo, pasámolo xenial!

"MAXIA POTAXIA"...!

...como por arte de maxia, a nosa "Maga Susana"(profe Susana) coa súa variña máxica fixo aparecer da súa chistera(profe Tere)...26 coelliños!

BAILE DE ENTROIDO!

O pasado xoves, pola tarde, princesas, personaxes de contos, piratas, paiasos, superheroes,... asistiron  ao noso BAILE DE ENTROIDO.
 
 
Ademáis tamén puidemos degustar un chocolate ben quentiño con biscoitos.
 
 
*Podedes ver máis fotos do baile-chocolatada de ENTROIDO na galería de fotos.

FESTA GASTRONÓMICA DE ENTROIDO!

 
E para que os nosos peques coñezan mellor o ENTROIDO...nada mellor que degustar algúns dos postres típicos desta festa(orellas, rosquillas,...).
 
 
 
 
 
 
 

CONVERTÉMONOS EN INDIOS!

Ao longo desta semana de ENTROIDO tamén estivemos traballando a unidade dos indios, que nos axudou a coñecer un pouquiño máis aos indios (as súas vestimentas, as súas costumes, as súas casas,...).
 
 
 
 
 
 
E despois de coñecer todas estas cousas...puidemos converternos nuns auténticos indios...
 


SOMOS"PAPELOTE"!

Ao longo desta semana realizamos diferentes traballos para celebrar unha das festas que máis lles gustan aos nosos peques... O ENTROIDO!
 
Comezamos decorando caretas do noso pequeno amigo "Papelote"...

OS NENOS DA AULA DE "3 ANOS" QUEREMOS A PAZ!

 
 
O pasado día 30 celebramos o DÍA DA PAZ.
 
 
Falamos do significado da palabra"PAZ",decoramos pombas(símbolo da paz)
 
 
e falamos das letras que compoñen esta fermosa palabra.

2ª FESTA DE CUMPREANOS DO CURSO!

 
YAIZA, DANI GARCÍA, IRIA, DAVID,DESIREÉ e PEDRO celebraron a súa festa de cumpreanos o pasado venres en compañía dos seus compañeiros e compañeiros da clase.
Xuntos degustaron uns aperitivos salados, uns zumos e un delicioso pastel de"Mickey Mouse".Ademáis tamén agasallaron aos seus amigos cunhas bolsiñas de chuches.
MOITAS FELICIDADES AOS 6!