XORNADA MICOLÓXICA 2013!

Grazas a Sociedade Micolóxica Lucus  de Lugo, un ano máis, puidemos realizar no cole a tradicional  Xornada micolóxica para os nenos/as, os seus pais, nais, avós... e os mestres.

CARTA PARA AS NOSAS FAMILIAS.



Para comezar a investigar sobre o noso proxecto: "Unha viaxe polo fondo do mar" pedimos axuda ás nosas familas cunha carta decorada cun fondo mariño...



SUMERXÉMONOS NUNHA "VIAXE POLO FONDO DO MAR"!


Fai uns días, despois de ler o conto de "Agapito el pececito",...


 reunímonos en asamblea para comentar o conto...


e alí xurdíu a idea de investigar sobre o "fondo do mar".
Así que decidimos realizar unha 
"VIAXE POLO FONDO DO MAR"

COÑECEMOS AS "MENINAS" DE VELÁZQUEZ!

Realizamos unha visita ao "Museo Nacional del Prado" virtual onde puidemos coñecer a Velázquez e a súa obra de "Las Meninas".


Despois de  coñecer un pouquiño máis sobre esta famosa obra...





 creamos a nosa propia obra de arte...


CUMPREANOS DE SARA!

O pasado xoves foi o cumpreanos de Sara e quixo traernos uns detalliños para celebralo...






Moitas grazas Sara! e FELICIDADES!

OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA!

Ao longo desta semana de celebracións pola festa do Samaín na nosa aula realizamos un OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA.



Antes de comezar a cociñar foi necesario asearnos e vestirnos de forma axeitada... despois disto...xa estábamos preparados para cociñar.

Preparamos os ingredientes e o material necesario...


Repartimos mermelada de fresa sobre unha galleta...



Colocamos dous gusanos de gominola sobre a mermelada(en forma de patiñas) e colocamos outra galleta sobre  eles...



Untamos sipope de chocolate sobre a galleta e cubrimos con "perliñas"de chocolate...e colocamos dous lacasitos (simulando ollos).



Ummmmmm...quedáronnos unhas "arañiñas" deliciosas,verdade?