CHEGOU O ENTROIDO!


E celebrarémolo así:
- Xoves 27 de Febreiro(pola mañá): "FESTA DE ENTROIDO",con degustación de produtos típicos destas datas.
Cada neno/a deberá traer 2 ou 3 produtos típicos destas datas(orellas,rosquillas,filloas,...) para degustar na aula.

-Xoves 27 de Febreiro (pola tarde, DE 16.30 A 18:00): "BAILE DE ENTROIDO" e "CHOCOLATADA".
Cada neno/a deberá vir caracterizado ou disfrazado da súa casa.

-Venres 28 de Febreiro(pola mañá, de 12:45 a 14:00 h.): "DESFILE DE ENTROIDO".
Desfile dos nenos/as,por aulas, con traxes elaborados con axuda dos seus mestres.

EMOTIVA DESPEDIDA DA "PROFE Mª LUZ"!

Esta semana despedímonos da mestra Mª Luz.

Despois de moitos anos de traballo dedicados á docencia, compartindo a súa sabiduría, o seu cariño, a súa paciencia e a súa dedicación... chegou o momento de comezar unha nova etapa... na que todos desexamos que sexas MOI MOI FELIZ.





Pero esta despedida será un "ata pronto" pois esperamos  que pronto veñas a visitarnos.
Ata sempre "profe Mª Luz"!

"REILUSIONÁMONOS" CO "MAGO RAFA"!



O pasado venres recibimos a visita dun gran mago da nosa cidade, o"Mago Rafa".




O "Mago Rafa" deleitounos cuns xogos de maxia para promocionar o seu novo espectáculo que estrenará o próximo Domingo 23 de Febreiro,ás 18:00 h. no auditorio Gustavo Freire.





Depois de ver as cariñas dos peques durante a súa actuación...estamos seguros que "ReilusionArte" será todo un éxito!

NORABOA e MOITAS GRAZAS pola túa visita!



VISITOUNOS UN CONTACONTOS!

Iago lópez visitounos para deleitarnos cunha sesión de contacontos.
Nesta ocasión contounos a historia de "O aprendiz de home do saco", de Antonio Reigosa.


Ao longo de toda a sesión Iago fíxonos partícipes, en todo momento, deste conto.










SORPRESAS PARA O NOSO "RECUNCHO DO FONDO DO MAR"!

Os nosos compañeiros/as da actividade de "Globoflexia" e o seu mestre Alberto agasalláronnos con diferentes figuriñas de globos relacionadas co fondo do mar para o noso recuncho.


Moitas grazas!

CELEBRAMOS O DÍA "DA PAZ" NA NOSA AULA

O pasado xoves, 30 de Xaneiro, celebramos o "DÍA DA PAZ".

Comezamos falando das letras que forman esta palabra tan bonita(PAZ) e despois falamos do seu significado...


Máis tarde decoramos a nosa "Pomba da paz" 





e cantamos e bailamos cancións sobre a PAZ...