GRAVACIÓN DO FESTIVAL

Recordade que mañá, día 26/05/2017 é o último día para solicitar a gravación do festival do cole. O custe da mesma será de 5 euros por anticipado e entregarase nun sobre pechado co nome do neno/a no exterior. Moitas grazas!












CELEBRACIÓN DOS MAIOS NO HORTO

Os nenos e nenas de EI do Colexio Cervantes recitaron a cantiga dos maios no horto co resto de alumnado do centro. Moitísimas grazas pola asistencia ese día e... vémonos na próxima celebración!





OS MAIOS

FIXEMOS UN MAIO!!!!

Con motivo da celebración dos Maios, os máis peques do cole decoraron uns caracois para adornar o maio, xunto co resto dos nenos de Infantil e Primaria. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso e do resultado final. Agardamos que vos gusten!








Boa fin de semana!


 

DIA DA NAI

Hoxe foi o día da nai e os peques do cole prepararon na aula os seus regaliños. Neste caso foi unha flor decorada con rotuladores e plastilina. Seguro que as mamás están encantadas cos seus regaliños... Quedaron fermosas!!!












E na seguinte fotografía podedes ver todas a flores xuntiñas e moi coloridas!



Agardo que pasárades un bo día!!! Parabéns!



OS NOVOS COMPAÑEIROS DE CLASE!!!

VERMES DE SEDA

Dende algo antes da Semana Santa temos novos compañeiros de clase na aula de 3 anos. Nunha pequena caixiña apareceron unhas cousiñas pequeniñas e redondiñas, OS OVOS DOS VERMES DE SEDA! 

Pouco a pouco, deses pequenos ovos foron saíndo uns vermes moi moi pequeniños. Eran taaan pequenos que case non os podiamos nin ver! Mirade! Está na folla comendo!



Os vermes crecen moi rápido e están moi gordiños xa porque comen moita folla de moreira que cada neno encargado lles dá todos os días da semana. Gústanos moito mirar para eles!







Cada vez son máis e máis grandes, por iso, necesitamos ter moita comida para eles.
 Se algunha vez vos coincide pasar por cerca dunha árbore de moreira...COLLEDE UNHAS FOLLIÑAS PARA A CLASE DE 3 ANOS!!




BOA FIN DE SEMANA!!