TRUCO OU TRATO?

Os máis peques do cole non podían deixar de celebrar unha das festas máis populares do outono: o Samaín.
No cole decoraron unhas caroutas de cabazas e uns gorriños de bruxas.


Ademáis, con axuda das súas familias fixeron todo tipo de adornos propios desta festa: tallaron cabazas, debuxos,...

Quedáronlles todas chulísimas...e fixémoslles entrega duns diplomas do Samaín para agradecerlles o esforzo realizado. Noraboa a todos/as!
(Máis fotos na parte dereita do blogue)

2ª FESTA DE CUMPREANOS.

Sara, Marta e Irea convidáronnos a patacas fritas, gusanitos, zumos,... para celebrar o seu 3º cumpreanos.

Despois do tradicional "sopro de vela" degustamos unha deliciosa tarta de chocolate e tamén nos agasallaron unhas bolsiñas de chuches. MOITAS GRAZAS ÁS TRES! e MOITAS FELICIDADES!
(Podedes ver fotos da festa na parte dereita do blogue)

UNIDADE 1: PAPELILLO E PAPELOTE.

Como ben sabedes fai uns días rematamos a UNIDADE 1: Papelillo e Papelote. Nesta unidade puidemos coñecer a "Papelote", o noso gato grandote que antes era pequeniño e se chamaba "Papelillo", pero como medrou...ao cole chegou!

Esta unidade xirou en torno a un dos principais ambiente nos que os nenos/as se desenvolven: a escola.

A través das distintas actividades  os nenos/as achegáronse e coñeceron a outras persoas, espacios, e normas disitntas ás familiares. Experimentaron diferentes situacións e procuramos que participaran e se integraran nelas.

Dialogamos sobre a importancia de manter a aula e os seus espacios limpios e ordenados e tratamos de sentar as bases para que a vida na aula sexa o máis organizada posible co fin de que todos se sintan cómodos e alegres.

Ademáis traballamos aspectos relacionados co coñecemento do corpo, autonomía personal, a expresión de sentimentos e emocións, o coidado dos aspacios, o respeto e a aceptación dos demáis,...

Uf! Canto aprendemos!Verdade? Pois... seguiremos aprendendo...

PEQUENOS ARTISTAS.

Para achegar aos nenos/as un pouquiño máis ás obras de arte ensinámoslles un cadro pintado polo pintor Velázquez: Las Meninas.


E tamén puidemos aprender unha canción relacionada con este artista:

Velázquez es un pintor,

que pintó Las Meninas.

Las Meninas es un cuadro,

que está en el museo de "El Prado".


E como verdadeiros artistas, tocounos pintar as nosas propias obras de arte...


A IMPORTANCIA DA AUTONOMÍA EN E. INFANTIL.

Unha maior autonomía favorece a capacidade de decisión dos nenos/as.
Como ben sabemos, todo se aprende , e polo tanto, todo se enseña. Para que os nenos/as sean independientes e autónomos, dependerá moito da educación que lles deamos.
Polo tanto, será importante que non nos anticipemos ás accións dos nenos/as, a non deixarlles actuar ou a facer outras cousas que poden facer soliños/as.
Os nenos/as aprenden a ser autónomos nas pequenas actividades diarias que se desenvolven na casa, no colexio,...


Os nenos/as queren medrar, queren demostrar que son maiores en todo momento.
Polo tanto, pais e educadores, debemos aplicar tarefas que axuden aos nenos/as a que demostren as súas habilidades e o seus esforzos. Poñer, recoller, agarrar, abrochar e desabrochar, ir ao baño, comer soliños/as,... son accións que axudarán aos nenos/as a situarse no espacio no que viven, e a sentirse partícipes na familia e entre os seus amigos.

XORNADA MICOLÓXICA.

 
O próximo SÁBADO 29 DE OUTUBRO pais/nais/nenos/nenas e mestres realizaremos unha saída ao bosque para recoller cogumelos. Xuntarémonos no colexio ás 10 da mañá e iremos acompañados dun membro da sociedade micolóxica lucense que nos axudará a recoñecer os cogumelos,...
Lebrade levar...
- calzado axeitado,
- unha cesta e unha navalliña,
- cámara de fotos,
- medio de transporte (cada familia irá pola súa conta),
- e... MOITAS GANAS DE APRENDER E PASALO BEN!

1ª FESTA DE CUMPREANOS.

O pasado venres celebramos a primeira festa de cumpreanos deste curso.Celebramos os cumpreanos de Pablo, Claudia e Hugo Pena.


Invitáronnos a patacas, gusanitos, zumos, unha deliciosa tarta e tamén recibimos un "doce" agasallo. Pasámolo xenial!Moitas grazas aos tres!
(Podedes ver fotos da festa na parte dereita do blogue)