OS PROBLEMAS DO SONO INFANTIL

A nosa mente non para ainda que esteamos durmindo. Durante o sono, continuamos organizando informacións, asimilando recordos e pensamentos, na nosa memoria. No  caso dos nenos/as os problemas poden estar relacionados, na súa maioría, cos hábitos irregulares de durmir ou coa ansiedade de irse á cama e quedarse durmidos. Na súa primeira etapa do desenrolo infantil, a hora de acostarse representa a hora da separación e é cando aparecen os problemas durante o sono infantil.
Algúns dos problemas do sono poden ser:
- Pesadelos: comenzan aos dous anos, ainda que son máis comúns en nenos/as de  tres a seis anos de idade. Non se sabe a causa, pero poden estar relacionados co éstres e a ansiedade dos nenos/as. Os pesadelos pasan durante o sono lixeiro e a súa frecuencia é moi relativa. Hay nenos/as que os teñen moi seguidos e outros menos. Na maioría dos casos os pais non vos debedes preocupar por iso, o importante é saber que é o que tedes que facer no caso de que o voso fillo/a o teña.
Algunhas suxerencias poden ser:
* Estar atentos ao que miran os nenos/as na tele, especialmente antes de irse a durmir.
* Como os pesadelos non se poden evitar e non avisan cando veñen, os pais debedes estar seguros de oír aos vosos fillos por se choran durante a noite e acudir enseguida.
* Debedes atender aos nenos/as o máis pronto posible.
* Os nenos/as deben sentirse protexidos. Debemos falarlles con voz calmada e confortante e deben saber que nos quedaremos con el/ela se así o desexa, pero que está ben que volva a durmirse.
* Ainda que sexa desconcertante para os pais o ser despertados súbitamente polos berros e o choros dos nenos/as,é importante manter a calma. Os nenos/as notarán se estades nerviosos/as.
* Se os nenos/as queren pódese falar con eles sobre os seus pesadelos. Debedes axudar aos vosos fillos/as para que inventen un final feliz para o sono.
Non debemos:
* Despertar aos nenos/as.
*Levalos a nosa cama.

- Terrores nocturnos: afectan a un 3% dos nenos/as, principalmente entre os 4-12 anos e resólvense espontáneamente na adolescencia. Polo xeral, aparecen nas primeiras horas da noite. O neno/a está axitado, chora, berra, suda e está angustiado. Nos terrores nocturnos o neno/a non recordará nada do que lle causou o malestar, polo tanto non se lles debe interrogar esperando que vos conte o sucedido.
Diferéncianse dos pesadelos en que éstes se producen con máis frecuencia ao final da noite, e donde o neno/a pode contarnos o que viviu no sono.
Os terrores nocturnos poden ser desencadeados pola fiebre, falta de sono ou medicamentos que actúen a nivel do sistema nervioso central.

- Neno/a sonámbulo: Levántase da cama  e permanecendo durmido fai actividades qu poden ser habituais. A idade máis frecuente de aparición é entre os 4 e 8 anos e isto resólvese de forma espontánea. A fiebre, a falta de sono e algúns medicamentos actúan como factores causantes. Débese consultar para establecer estratexias que eviten riscos nos neno/as.

- Nenos/as que falan durmindo: A somniloquia refírese á emisión de palabras durante o sono. Non constitúe ningún problema e non require tratamento.

A ALIMENTACIÓN, CLAVE PARA O CRECEMENTO DOS NENOS/AS.

Durante esta etapa, a alimentación é a clave para o crecemento dos nenos/as. Dende o almorzo, que é a primeira comida do día, e por iso a máis importante, ata a cena. En total, é aconsellable que realicen 5 inxestas.
A froita, verdura, lácteos, ademáis dunha boa hidratación nunca poden faltar na súa dieta. Será importante variar as formas e texturas nos seus menús, seguro que o aprecian, e que o aporte que reciben sexa proporcional ao exercicio físico que realizan.

A IMPORTANCIA DO SONO INFANTIL


O sono infantil refírese ao periodo diurno ou nocturno durante o cal os nenos/as descansan, asimilan e organizan o visto e aprendido, maduran física e psíquicamente, e inician e exercitan a súa independencia do mundo exterior e dos seus pais, por un tempo que é variable según a súa idade e conducta.
O sono é importante porque ten unha función reguladora e reparadora no organismo. É esencial para o control da enrxía e a temperatura corporal. o sono reabastece e restaura os procesos corporais que se dañaron duante o día.
O sono consta de dúas fases:
- REM: sono de movementos oculares rápidos, fase activa do sono, na que o cerebro permanece activo, e tamén a máis corta.
- NON REM: é a fase máis tranquila e profunda do sono, e tamén a máis larga.

FESTA DE NADAL

Os nenos/as de educación infantil despediron o trimestre  coa celebración dunha festa de nadal na que puideron degustar productos típicos destas datas, desfrutaron dunha sesión de maxia e recibiron a visita de Papá Noel.

XOGUETES AXEITADOS PARA NENOS/AS DE 3-4 ANOS

O mercado ofrece infinidade de xoguetes para os nenos/as de 3-4 anos.Por tanto, é importante estar ben informados, saber cales son os máis axeitados para que os máis pequenos poidan aprender ó mesmo tempo que xogan e se entreteñen.
Entre os 3 e 5 anos a repatición no xogo para os nenos/as supón gozar e aprender. De este xeito van desenvolvendo e adquirindo habilidades e destrezas moi útiles no seu día a día.
Ademáis nesta etapa de recreación, os xoguetes axúdanlles a imitar e entender o mundo que os rodea, comportarse e desenvolverse na casa coa familia, na escola e na rúa.
Tamén mediante a imitación desenvolven as súas habilidades sociais e comezan a construír a súa personalidade e a desenvolver a súa faceta relacional.
É unha etapa na que necesitan afianzar a súa autoestima, superando retos, pero tamén necesitan que os demáis vexamos e aplaudamos os seus éxitos.
É por iso polo que se interesan polos xoguetes sinxelos, xoguetes que lles permitan comezar e rematar rápido para ver un éxito inmediato. Así farano unha e outra vez logrando unha perfecta aprendizaxe.
Xoguetes cos que facer representacións do mundo adulto, inventar historias ou recrear situacións cotiás son os que máis éxito teñen entre os nenos/as destas idades.
Tamén lles gustan os xoguetes para imaxinar e aprender, para construír, para moverse e desenvolver o seu aparato motor, para representar e imitar, para expresarse,...

REQUISITOS QUE DEBE CUMPRIR UN BO XOGUETE

Nestas datas de agasallos é importante que, papás/mamás e familiares dos nosos nenos/as, teñades en conta os requisitos que debe cumprir un bo xoguete:
- Debe adaptarse ós gustos e necesidades do neno/a.
- Debe ser axeitado á idade do neno/a e ao seu nivel madurativo.
- Deben ser de tipoloxía variada, así poden aprender máis.
- Debe ter un valor lúdico. Os xoguetes son para que o neno/a aprenda divertíndose.
- Debe ser sólido y duradeiro.
- Debe ser seguro. Os xoguetes que cumpren a normativa de seguridade vixente levan impresa a CE no envase.
- Debe ser elexido sen facer distincións en canto a sexo.
- É recomendable evitar as referencias a temas bélicos.

BELÉN VIVINTE

Un dos mellores xeitos de celebrar o Nadal é vivilo por iso os nenos/as de Educación Infantil participaron nunha representación dun Belén Vivinte amenizado polas panxoliñas dun fantástico coro.

A IMPORTANCIA DO XOGO



O neno/a xoga en todas as culturas. O xogo é a actividade por excelencia . É un instrumento educativo natural, voluntario, gratuíto e espontáneo.
Cando nace, o neno/a descubre o mundo a partir dos seus sentidos. Primeiro xoga co seu propio corpo, as súas mans,... para pasar a descubrir e xogo cos elementos que teña máis cercanos. Pouco a pouco vai controlando o seu corpo, a súa forza, o seu equilibrio,... 
O xogo adoptará despois un papel fundamental na adquisición e o desenrolo das súas diferentes habilidades cognitivas e emocionais, así como na súa socialización, aprendizaxes que son tan importantes como o aprendizaxe escolar.
Pero non sólo o xogo é beneficioso para o neno/a, se non que tamén pode ser unha ferramenta perfecta para a demostración das emocións dentro da familia.

PANXOLIÑAS NO NADAL

Unha das tradicións máis populares no nadal e o canto de panxoliñas por iso nesta unidade damos a coñecer aos nenos/as un dos instrumentos fundamentais no canto de panxoliñas como é a pandeireta e que, deste xeito, aprendan a recoñecer o son producido pola mesma.

INICIÁMONOS NO CONTROL DO RATO

Para conseguir un manexo correcto do rato os nenos/as foron salindo para  realizar determindas accións motivadoras como foi, nesta ocasión, facer "click" na mascota da cor elexida.


APRENDEMOS EDUCACIÓN VIAL

É importante, ir concienciando aos nenos/as, xa dende moi pequenos/as, da gran importancia que ten aprender educación vial: as regras que deben respetar como peatóns, como conductores,...
Nesta ocasiòn aprendemos o funcionamento do semáforo dos peatóns a través do xogo e elaborando o noso propio semáforo.

COÑECENDO OS COGOMELOS

O pasado sábado os nenos/as, pais/nais, e mestres asistentes á XORNADA MICOLÓXICA recolleron diferentes especies de cogomelos cos que se fixo unha pequena esposición no cole que servirá para aprender a recoñecelos.
Fixámonos especialmente na "amanita muscaria", máis doada de recoñecer para os nosos nenos/as pola súa aparición en varios contos infantís.

40 CUMPREANOS DE BARRIO SÉSAMO.

Nos tamén festexamos o 40 cumpreanos de BARRIO SÉSAMO.Nada mellor que facelo coa canción dun dos personaxes  máis entrañables da serie.
Espero que vos guste, tanto ós papás como ós peques.

XORNADA MICOLÓXICA.

                                                                 
¿Queredes pasalo ben buscando cogomelos?
O próximo SÁBADO 14 DE NOVEMBRO, ás 10:00 da mañá faremos unha saída ao campo, profes, mamás/papás e nenos/ as, para buscar cogomelos.
Sairemos (se o tempo o permite) todos xuntos dende o colexio e iremos acompañados dun representante da asociación micolóxica "Lucus" para asesorarnos.
Os nenos/as terán que ir acompañados/as dos pais/nais.
Aconséllase aos asistentes levar:
- botas de auga e roupa e abrigo,
- cesta e navalliña,
- cámara de fotos (opcional*),
- coche para desprazarse ao monte.
A actividade é gratuíta.
¡ESPERÁMOSVOS!

GRAFOMOTRICIDADE 1. INICIACIÓN.


Traballando a GRAFOMOTRICIDADE pretendemos iniciar aos nenos/as na realización de trazos grafomotrices e desenvolver a coordinación óculo- manual.
Neste trimestre traballaremos os seguintes contidos:
- Trazo vertical libre e dirixido.
- Trazo horizontal libre e dirixido.
- Trazo oblicuo libre e dirixido.
- Repaso de trazos verticais, horizontais e oblicuos.

MATEMÁTICAS. CADERNO 1


Este trimestre estamos traballando co CADERNO 1 de MATEMÁTICAS. Ó longo deste trimestre taballaremos os seguintes contidos:
- Cardinal 1.
- Propiedades dos obxectos igual- diferentes cor.
- Tamaño grande-pequeno.
- Formas planas: círculo.
- Nocións espaciais básicas: dentro- fóra.
- Iniciación á resiación.
- Iniciación á lectura de etiquetas.
- Iniciación ó razonamento lóxico.

NENOS/AS AUTÓNOMOS E INDEPENDIENTES

Unha maior autonomía favorece a capacidade de decisión dos nenos/as.
Como ben sabemos, todo se aprende , e polo tanto, todo se enseña. Para que os nenos/as sean independientes e autónomos, dependerá moito da educación que lles deamos.
Polo tanto, será importante que non nos anticipemos ás accións dos nenos/as, a non deixarlles actuar ou a facer outras cousas que poden facer soliños/as.
Os nenos/as aprenden a ser autónomos nas pequenas actividade diarias que se desenvolven na casa, no colexio,...
Os nenos/as queren medrar, queren demostrar que son maiores en todo momento. Polo tanto, pais e educadores, debemos aplicar tarefas que axuden aos nenos/as a que demostren as súas habilidades e o seus esforzos. Poñer, recoller, agarrar, abrochar e desabrochar, ir ao baño, comer soliños/as,... son accións que axudarán aos nenos/as a situarse no espacio no que viven, e a sentirse partícipes na familia e entre os seus amigos.

ENTREGA DE DIPLOMAS

Co gaio da celebración do SAMAÍN o pasado venres fíxose entrega dos diplomas aos nenos/as que participaron na exposición de cabazas decoradas.

LA VOZ DE GALICIA

O pasado Xoves 29 de Outubro recbimos a visita de "La Voz de Galicia", para interesarse pola nosa participación no programa de VOZ NATURA. Ademáis tamén nos fixeron unha foto e todo isto saíu publicado en "La Voz de Galicia" do Sábado 31 de Outubro.

(Fai "click" no título desta entrada para ir ao enlace de "La Voz de Galicia" dixital.)

CONTOS MOTORES

Nesta sesión traballamos os contos motores, que axudan aos nenos e nenas a mellorar a Expresión Corporal, a creatividade e a súa imaxinación.


DECORACIÓN DE CABAZAS


Xa sexa como adorno ou como ingrediente básico de moitas receitas, a cabaza é a protagonista indiscutible do Samaín. A cabaza é orixinaria de América e pertence á familia das cucurbitáceas.
Producto de outono por excelencia, a cabaza é o froito da cabaceira, unha planta orixinaria de América que pertence á familia das cucurbitáceas. Hainas de tamaños, cores e formas moi diferentes, dependendo da variedade.
A máis coñecida ten forma redonda e aparece decorando moitos fogares durante a festa do Samaín (en EEUU teñen unha tradición similar, o Halloween, aínda que alí só ten século e medio de antigüidade).

Como en anos anteriores, co gaio do SAMAÍN, imos facer unha exposición coas cabazas que os nenos/as decoren (con axuda dos papás/mamás,...).
Tallar a cabaza é unha actividade divertida para toda a familia, dende os máis pequerrechos ata os máis grandes. Aquí tedes algunhas pistas e ideas para facer cabazas moi bonitas...
1) Primeiro, elixir a cabaza, se é posible. Intentade conseguir una cabaza de tamaño mediano (polo menos 30 cm de alto se pensades meterlle unha vela), coa pel lisa e cun bo tallo.

2) Cun lápis ou rotulador lavable, debuxádelle a cara que queredes conquerir -alegre, ameazante, enfadada, ¡o que queirades!-

3) Cubride a zona de traballo con moito papel de periódico, e asegúrate que todos os participantes levan un delantal ou roupa vella.

4) Para a tapa, debuxade un círculo (ou un pentágono ou hexágono, máis difíciles de debuxar pero máis doados de cortar) polo menos de 25 cm de diámetro ó redor do tallo. (¡SÓ PARA ADULTOS!) Cun coitelo forte, cortádeo en ángulo (coa punta do coitelo apuntando cara ó centro da cabaza) para evitar que despois a tapa caia dentro da cabaza. TRUCO: non saquedes o coitelo da cabaza ata que cortaras todo o círculo, así evítanse bordes desiguais.

5) Sacade a tapa, e quitade as sementes pegadas. TRUCO: se queredes que a vosa casa despois ula a canela, espolvoreade un pouco de canela moída enriba da carne da tapa.
6) Esta parte adoita gustarlle ós nenos pequenos: Cunha culler grande, quitade todas as sementes de dentro da cabaza.

7) Agora tócalle ás mans máis fortes: Cando xa se quitou todo o "pegañento" de dentro, hai que raspar as paredes da cabaza dende dentro, quitando o que se poida da carne. Non tedes que quitar toda a carne, só a suficiente para deixar as paredes finas (para que sexa máis doada de tallar) pero firmes, aproximadamente uns 3 cm de ancho.

8) Escavade unha base no "chan" da cabaza para soportar unha vela, pero coidado, non a fagades demasiada fina para que non podreza.
9) Agora a cabaza está lista para tallar. Comezando no centro do deseño (para non presionar zonas xa talladas), recortade con moito coidado as formas debuxadas. Isto require moito coidado, por seguridade e tamén para non estropear o deseño. "Marcade" cada liña algunhas veces coa punta do coitelo antes de insertalo, e facede varios cortes pequeniños en troques dun grande. Cando xa teñades unha peza cortada, empurradea dende dentro cun dedo (¡isto encántalles ós nenos pequenos!). Teredes que facer algunhas formas, como sorrisos con dentes, en varias pezas. TRUCO: se por accidente cortades un anaco que non forma parte do deseño, podedes "coselo" no seu sitio con palillos, ou cambiade o deseño para incorporar o accidente - ¡a veces os mellores deseños saen de imprevistos!
10) Agora é o momento de apreciar a obra de arte. Colocade dentro unha vela, acendedea, tapade a cabaza e apagade as luces. ¿Abraiante, non si? Tedes que asentar ben a vela. Se cae, a cabaza arde con facilidade e é perigoso. Tampouco deberiades deixar a cabaza “acesa” de noite, pola mesma razón. Por iso se recomendan as velas baixas (tipo bolboreta), de base metálica e ancha. Tamén pode utilizarse algún tipo de bombilla eléctrica con pila se a cabaza vai estar estática nalgún lugar. TRUCO: se a vela non se mantén acesa, pode ser que non estea recibindo suficiente aire. Intentade ampliar algúns dos ocos, ou cortade un "v" na tapa no lado oposto da cara para que non se vexa.
Para alongar a vida da cabaza, cubride as superficies cortadas (os ollos, a boca, a tapa, o interior das paredes, etc.) con vaselina ou algo similar. Isto evita que se deshidrate e podreza. Tampouco a deixedes ó sol. Pola noite, cando non estea asustando á familia ou ós veciños, gardadea na neveira, se é posible. Se non o é, nun lugar fresco e oscuro. Se a túa cabaza se deshidrata e enruga, podes reavivala sumerxíndoa nun cubo de auga.Poñede as sementes (ben lavadas) no forno a temperatura baixa durante aproximadamente unha hora para conseguir unhas pebidas deliciosas.

VOZ NATURA

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, vinculada a “La Voz de Galicia”, promove a educación ambiental nos centros escolares mediante un concurso chamado Voz Natura. Neste concurso participan colexios de toda Galicia con proxectos de actividades encamiñados ó respeto polo entorno.
O noso centro decidiu presentarse neste curso 09-10 co  proxecto “DO ALUMINIO AO BOSQUE” encamiñado a reciclar o papel de aluminio que os nenos/as traen nos bocadillos para convertilo en árbores  autóctonas que prantaremos nun terreo, coa axuda de pais/nais, mestres/as, etc.
A idea de participar en VOZ NATURA surxiu ó ver o que está ocorrendo ó noso redor: cambio climático, contaminación de ríos e mares, pérdida do suelo fértil, desaparición de especies, ... 
Creemos que entre todos podemos cambiar esta situación. Por iso, intentamos que os nenos/as valoren o seu entorno natural , as consecuencias dos seus comportamentos no medio, e comprendan a importancia da súa capacidade para melloralo; en definitiva, garantizar o seu futuro nun mundo máis habitable.

O SAMAÍN


A orixe do Halloween norteamericano remóntase ós celtas e a fiesta chegou a Estados Unidos por emigrantes europeos no século XIX. Naquel país  é costume que os nenos se disfracen na noite do 31 de outubro e pidan doces polas casas, unha costume que tamén acabou exportándose a outros países occidentais.

Nos séculos pasados, e ata non hai moitos anos, nas zonas máis rurais galegas a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro era a noite máis misteriosa do ano, as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores para render contas inacabadas.
Para afastar as perigosas ánimas defuntas e errantes incorporouse na cultura popular a tradición de poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes as caliveiras na cortiza dos melóns, cabazos ou calabazotes. Tradición que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea incluindo a toda Galiza.
Así a semana anterior ao 31 de outubro celebraremos o Samaín, palabra gaélica, pero acuñada como referencia común para esta festa, tan tradicional nas zonas rurais galegas, que non significa máis que o fin do verán, principio do inverno.

¡FELIZ SAN FROILÁN!

Un ano máis, e xa van 255, Lugo celebra con ilusión a súa tradicional cita de San Froilán. As festas que levamos un ano esperando convertíronse, co esforzo e a participación de toda a cidade e de centos de miles de visitantes, nas festas patronais máis importantes e populosas de toda Galicia.
As festas de San Froilán lucen con enorme satisfacción a lenda de Festa de Interese Turístico Nacional, concedida polo Ministerio de Industria e Turismo. Con este recoñecemento, as festas gozan dun espírito aínda máis universal, se cabe, e invita a todo o mundo a coñecer Lugo para compartir as numerosas actividades programadas polo Concello con carácter totalmente gratuíto. Ademais non faltará a famosa gastronomía lucense e, en especial, o polbo á feira.
A diversión chega para os máis cativos da man do San Froilanciño que se consolida cunha programación especial para os pequenos da casa.

Só queda dicir... VIVA SAN FROILÁN!


CONSELLOS PARA A FAMILIA DURANTE O PERIODO DE ADAPTACIÓN:

Como sabedes, estes días estámolos a dedicar á ADAPTACIÓN DOS NENOS Á ESCOLA.
Para a maioría esta é a primeira vez que se separan de vós. Coa familia séntense mais SEGUROS e protexidos e na Escola atópanse cunha situación TOTALMENTE descoñecida: non se coñecen cos outros nenos, nin coas educadoras, nin coñecen o centro......
É un cambio moi brusco, e por iso consideramos necesario este período para que o neno/a vaia pouco a pouco asimilando esta separación
É importante recalcar que CADA NENO/A NECESITA o SEU TEMPO, TODOS OS NENOS/AS NON SON IGUAIS, polo tanto a adaptación duns e doutros tamén será distinta.
¡ÁNIMO e PACIENCIA!

Aquí vos deixo algúns consellos que xa vos dei na reunión inicial pero que nunca vai mal recordalos:
- É importante que os nenos/as vos vexan CONVENCIDOS Y CONTENTOS. Non vos sintades culpables (evitade comentarios como "pobre", qué pena".....)
- NON PROLONGUEDES O ADEUS. Despedirvos con naturalidade, polo camiño. Tampouco se trata de marchar correndo, se non lle dicides nada se sentirá abandonado. pouco a pouco irá entendendo que durante un anaco vós vos ides e el queda
- NON RETROCEDADES. Ás veces tentaravos dar media volta, pero se facedes isto acabará por utilizar o seu choro como arma.
- CREAR ACTITUDES POSITIVAS. Falar ben na casa das educadoras, dos outros nenos, do bonita que é.....
-NON FACER COMENTARIOS NEGATIVOS: "Se te portas mal irás á escola", " mira que a señorita che berrará"....
- Poden aparecer COMPORTAMENTOS DIFERENTES: pipí, rabechas, vómitos, falta de apetito.... Intentar non lle dar importancia e sobre todo non facer comentarios mentres o neno está diante.
- INTERCAMBIAR TODA A INFORMACIÓN que facilite maior coñecemento dos nenos/as. Calquera cousa que se saia do habitual pode ser importante: enfermidade dun familiar, cambios de domicilio.... son pequenas cousas que nos axudan a coñecer mellor os vosos fillos.
- NON VOS ASUSTEDES. Poñémosvolo duro, pero de verdade, todo pasa e logo verédelos ir felices e contentos.

A EDUCACIÓN MUSICAL:

Tradicionalmente entendeuse a educación musical na escola desde unha perspectiva restritiva, foi entendida como un medio para forma-los alumnos e as alumnas nos distintos coñecementos musicais e para ir espertando as súas posibles aptitudes relacionadas coa materia.
Con todo, novas correntes pedagóxicas relacionadas coa educación musical poñen de relevo enfoques innovadores que salientan a importancia desta non só para desenvolver posibles aptitudes musicais senón para a formación integral da persoa.
Desde esta nova perspectiva, non se trata de coñecer e manexar aspectos meramente musicais, senón de utiliza-la música como ferramenta educativa capaz de promover obxectivos educativos de carácter extramusical. A escola xoga así un papel fundamental para conseguilo.
Sabemos actualmente que a música ten unha especial importancia no desenvolvemento integral da persoa e que a educación musical debe se-la encargada de orienta-la sensibilidade do neno e da nena, así como de desenvolve-las súas capacidades tanto psíquicas coma sociais. É un medio a través do cal lle chegan formas de expresión que son propias da súa cultura.
A música promove o desenvolvemento sensorial, motor, afectivo, mental, intuitivo e creativo do neno e da nena. Ademais, contribúe ó perfeccionamento da linguaxe; colabora para que consiga o correcto ordenamento psicomotriz, desenvolve a súa imaxinación, mellora as relacións interpersoais entre os compañeiros e as compañeiras e axúdaos a coñecer mellor o ambiente que os rodea.
Na Educación Infantil, a música é algo máis que cantar cancións. Supón unha educación rítmica, auditiva, do pensamento musical, que desenvolva sobre todo a creatividade e a expresión de sentimentos e emocións. A utilización do movemento serviría como medio de expresión e sensibilización motriz, visual e auditiva. A educación musical sería unha forma de coñece-lo propio corpo, de desenvolve-lo sentido rítmico e de fomenta-las relacións sociais e a creatividade. Hai que desenvolve-la capacidade natural, que desde estas idades se ten, para expresar e senti-la música utilizando, sobre todo, unha metodoloxía lúdica.
A música constitúe un aspecto que se traballa dentro do ámbito Comunicación e Representación, está integrada, xa que logo, dentro do ensino regrado. A música en si constitúe un elemento globalizador importantísimo para a aprendizaxe; existe unha relación clara entre os contidos de aprendizaxe da educación musical e as estratexias utilizadas nas restantes áreas ou nos restantes ámbitos de coñecemento da Educación Infantil.


Ao longo deste curso outórgarémoslle a importancia que merece, reservéndolle un espazo específico en cada unidade, no cal se desenvolverán distintas actividades musicais en estreita relación cos aspectos psicomotores. Para elo empregaremos CDs con cancións con diversidade de ritmos e melodías e sons, diversos instrumentos musicais,etc. As cancións, ademais de constituíren un elemento motivador e dinamizador da aprendizaxe, xiran arredor dalgúns dos contidos fundamentais das unidades didácticas coas que se vinculan, de maneira que, a través da vía artístico-musical, axudan os nenos e as nenas a descubrir e descifrar algunhas das realidades e das experiencias fundamentais que son obxecto de coñecemento no ámbito da Educación Infantil.

NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN:


A escola non pode permanecer á marxe das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Os nenos e as nenas conviven desde o seu nacemento con todo tipo de equipos tecnolóxicos, e é un feito que viven con máis interese as actividades escolares e que manteñen mellor a atención se na aprendizaxe se empregan medios tecnolóxicos de información e de comunicación: televisión, cine, vídeo, DVD, fotografía e ordenador. Polo tanto, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e da comunicación presentes na vida infantil, requiren un tratamento educativo que inicie os nenos e as nenas na comprensión das mensaxes audiovisuais e na utilización axeitada, identificando o papel que estas novas tecnoloxías teñen nas súas vidas. Na etapa da Educación Infantil deberán iniciarse no uso de diversos instrumentos tecnolóxicos (ordenador, reprodutores de imaxe e son...) e no coñecemento de diferentes producións audiovisuais, valorando progresivamente os seus contidos e tomando conciencia da necesidade de utilizalos moderadamente.
Os máis pequenos asumen con naturalidade a presenza do ordenador no medio escolar. A propia aprendizaxe é para eles un xogo; e o ordenador é un recurso didáctico para aprender e xogar.
Por outro lado, non podemos esquecer que actualmente o manexo do ordenador é unha necesidade. A sociedade actual utilízao en tódolos ámbitos; se queremos prepara-lo alumnado para que sexa membro activo e integrado da sociedade, deben coñecer e saber utilizar esta tecnoloxía. Polo tanto, é importante empezar esta preparación desde os primeiros niveis educativos.
Desta forma, o proxecto Papapapú propón traballar co ordenador uns materiais incluídos nun CD para cada curso que propoñen un conxunto de actividades, xogos, exercicios divertidos, atractivos, baseados no debuxo infantil, que incita os nenos e as nenas a resolver situacións de pequenos conflitos e fácil resolución e cuxa realización resulta gratificante e motivadora. En definitiva, consiste en xogar e aprender utilizando o ordenador.


Os contidos propios da Educación Infantil que a través destas novas habilidades e destrezas se van poder desenvolver serán:
3 anos:
• Movemento co rato, sinalar co rato, facer clic co rato, facer clic e arrastrar.
• As cores vermella, amarela e azul.
• Algúns conceptos espaciais.
• Sons e instrumentos musicais.
• Números 1, 2 e 3 e os conceptos correspondentes a estas cantidades.
• Cuantificadores e nocións básicas de medida.
• Parellas escondidas.
• Educación do trazo e direccionalidade.
• Introdución ás primeiras vogais.
• Descubrimento do medio: estacións, paisaxes, animais, tendas, medios de transporte…
• Figuras: círculo, cadrado e triángulo.

INTRODUCIÓN Á LINGUA EXTRANXEIRA:

A diversidade lingüística e cultural na escola, debido a fenómenos sociais, culturais, económicos, etc., fixo que se promova o ensino dunha lingua estranxeira e que se vaia incluíndo desde a Educación Infantil, especialmente no último ano. Así mesmo, cómpre desenvolver nesta etapa actitudes positivas cara á propia lingua e cara ós demais, espertando a sensibilidade e a curiosidade por coñecer outras linguas. Na introdución dunha lingua estranxeira debe valorarse o achegamento progresivo ós significados de mensaxes en contextos de comunicación coñecidos, fundamentalmente nas rutinas habituais da aula, espertando o interese dos nenos e das nenas por participar en intercambios orais en lingua estranxeira.
Debido á súa gran capacidade de memoriación e aprendizaxe, moitas investigacións sobre a implantación dun idioma estranxeiro nas primeiras idades estableceron entre os 4 e os 7 anos a idade apropiada para empeza-la aprendizaxe dunha segunda lingua, pola súa gran capacidade de memorización e aprendizaxe. Dado que o neno de 4-5 anos se está iniciando na aprendizaxe da lectoescritura, o ensino doutra lingua debe ser exclusivamente oral, en condicións similares ás que se dan cando aprenden a súa propia lingua. Coñecer outras linguas converteuse nunha necesidade e nunha esixencia para poder integrarse de forma natural nunha sociedade cada vez máis complexa en culturas e linguas.
Polo tanto, ao longo deste curso utilizaremos materiais complementarios que permitirán a incorporación do inglés como lingua estranxeira nas programacións de aula. Trátase de que os nenos e as nenas comecen a familiarizárense coa lingua inglesa.
Os contidos que se tratarán son os seguintes:
• Cores: azul, vermello, amarelo, verde, laranxa, branco e morado.
• Membros da familia: papá, mamá, avó, avoa, irmán, irmá, tío e tía.
• Números: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9.
• Festas e celebracións: Nadal.
• Saúdo: “bos días”, “boas noites”, “ola” e “adeus”.
• Frases curtas e sinxelas.
• Partes do corpo: man, cabeza, boca, ollo, barriga, pé…
• Nomes de animais: gato, can, vaca, paxaro, mono e peixe.
• Días da semana.

INICIACIÓN ÁS MATEMÁTICAS.

A nova Lei de educación considera que no nivel da Educación Infantil se debe procurar que os nenos e as nenas se inicien nas habilidades lóxico-matemáticas. Para coñecer e comprender como funciona a realidade, os pequenos e as pequenas indagan sobre o comportamento e as propiedades dos obxectos e materias presentes no seu medio: actúan e establecen relacións cos elementos do medio físico, exploran e identifican os devanditos elementos, recoñecen as sensacións que producen, anticípanse ós efectos das súas accións sobre eles, detectan semellanzas e diferenzas, comparan, ordenan, cuantifican pasando así da manipulación á representación, orixe das incipientes habilidades lóxico-matemáticas. Deste xeito e coa intervención educativa axeitada aproxímanse ó coñecemento do mundo que os rodea, estruturan o seu pensamento, interiorizan as secuencias temporais, controlan e encauzan accións futuras, e van adquirindo maior autonomía respecto ás persoas adultas.
A partir dos tres anos, o neno e a nena están pasando da aprendizaxe sensorial á intuitiva, empezan a soluciona-los problemas que se lles presentan na súa vida cotiá. Progresivamente serán capaces de facer deducións simples e clasificacións se seguen algúns criterios moi sinxelos, a pesar de que aínda non poden establecer algunhas relacións entre os obxectos.
Ós catro anos non posúen aínda pensamento lóxico, a pesar de que se van achegando. Isto permítelles realizar clasificacións e seriacións seguindo criterios algo máis complexos ca ós tres anos.
Ós cinco anos, os nenos e as nenas realizan as primeiras abstraccións e son capaces de operar coas imaxes mentais dos obxectos. O pensamento é máis lóxico e por este motivo conseguen realizar seriacións e clasificacións nas que atenden a varias calidades dos obxectos. Poden resolver por si mesmos algúns dos problemas que se lles presentan.

Ao longo deste curso utilizaremos materiais complementarios ó propio método, aínda que independentes del, que reforcen os contidos e principais conceptos matemáticos traballados nos materiais básicos e que sigan a seguinte secuencia de aprendizaxe:
& Cardinais 1, 2 e 3.
& Propiedades dos obxectos: igual-diferente e aberto-pechado. Cor.
& Nocións básicas de medida: grande-pequeno, longo-curto e alto-baixo.
& Cuantificadores básicos: máis que e cheo-baleiro.
& Formas planas: círculo e triángulo.
& Nocións espaciais básicas: dentro-fóra, enriba-abaixo, un lado-outro lado e diante-detrás.
& Iniciación á seriación.
& Series de cor, forma e tamaño.
& Iniciación á lectura de etiquetas.
& Iniciación ó razoamento lóxico.

INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA.

No nivel da Educación Infantil débese procurar que os nenos e as nenas aprendan a facer uso da linguaxe e que se inicien na aprendizaxe da lectura e da escritura. No segundo ciclo preténdese que descubran e exploren os usos da lectura e da escritura, espertando e afianzando o seu interese por elas. A utilización funcional da lectura e da escritura na aula levaraos, coa intervención educativa pertinente, a iniciarse no coñecemento dalgunhas das propiedades do texto escrito e das súas características convencionais, valorándoas como instrumentos de comunicación, información e goce. Debemos espertar nos nenos e nas nenas o interese polos textos escritos presentes na aula e no medio próximo, iniciándoos no seu uso, na comprensión das súas finalidades e no coñecemento dalgunhas características do código escrito. Deste xeito, poderán participar nas situacións de lectura e de escritura que se producen na aula.
A partir dos tres anos o neno ou a nena dispón da capacidade de poder operar con múltiples representacións. Débese empezar a prepara-la conciencia da relación da linguaxe oral coa representación gráfica por medio de pictogramas nun contexto integrado de actividades comunicativas.
Ós catro anos, debe ser quen de recoñecer palabras moi significativas do seu medio. Polo tanto, debemos poñelo en contacto con elas para favorece-la lectura.
Pouco a pouco irá aparecendo no neno e na nena o interese por recoñece-las letras como compoñente das palabras, momento que debe aproveitarse para que recoñezan a estrutura destas. Traballarase a identificación dos distintos elementos e a estrutura da fala (palabras, sílabas, fonemas) e potenciaranse, a través da linguaxe oral, os aspectos fonolóxicos.
Iniciarase a aprendizaxe das técnicas da lectura e da escritura. Esta aprendizaxe realizarase por medio da comunicación e comprenderá actividades de decodificación, codificación e comprensión.
A aprendizaxe da lingua escrita debe permitir que os nenos e as nenas descubran as posibilidades que ofrece a lectura e tamén a escritura como fonte de pracer, fantasía, comunicación e información.
Dos textos que se poden empregar para a lectura na aula, os contos deben ocupar un lugar esencial na formación literaria dos nenos e das nenas. Polo seu contido, pola súa estrutura e polo seu vocabulario, constitúen un instrumento valioso para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas.

Ao longo deste curso reforzaremos os contidos de lectoescritura traballados no material básico mediante unha serie de materiais complementarios de iniciación á lectoescritura: "O riso das bolboretas": Iniciación ás vogais.

A EDUCACIÓN PSICOMOTRIZ


A psicomotricidade ten en conta o individuo na súa totalidade, considérao unha unidade psicosomática. Integra os aspectos cognitivos, emocionais, simbólicos e sensoriomotrices e desempeña un papel importantísimo no desenvolvemento da personalidade.
A psicomotricidade pretende desenvolver, a partir do corpo e do movemento, as posibilidades motrices, expresivas e creativas dos nenos e das nenas. Por medio dela, favorécese a comunicación, o coñecemento e a creatividade. Ademais, potencia o diálogo do neno ou da nena consigo mesmo e axúdao a conseguir determinadas aprendizaxes escolares..
A educación psicomotriz constitúe a base de numerosas aprendizaxes escolares, favorece o desenvolvemento da percepción temporal e espacial, o desenvolvemento da simbolización e a aprendizaxe da lectoescritura. Existen moitos conceptos abstractos que os nenos e as nenas deben aprender: as nocións espaciais, as nocións temporais, os cuantificadores, as formas, as figuras xeométricas…, a mellor maneira de aprendelos é, entre outras estratexias, a experiencia e a vivencia co propio corpo.
Por medio da psicomotricidade preténdese que o alumnado adquira o coñecemento do propio corpo, o dominio do equilibrio, o control e a eficacia das coordinacións globais e segmentarias, o control da inhibición voluntaria e da respiración, a organización do esquema corporal, a orientación espacial e unha axeitada estruturación espazo-temporal.
O esquema corporal é a conciencia inmediata, o coñecemento e a representación do propio corpo. Organízase a través das sensacións interoceptivas, propioceptivas, quinestésicas, visuais e táctiles que o corpo recibe ó interactuar co medio. Está influenciado pola idea ou pola imaxe que os nenos e as nenas teñen deles mesmos e pola idea que teñen sobre o que os demais pensan ou senten sobre eles. É fundamental traballar, desde a Educación Infantil, o desenvolvemento dunha imaxe positiva e axustada deles mesmos que contribúa a mellora-la súa imaxe corporal polas repercusións que isto ten sobre a autoestima.
Para que os nenos e as nenas acaden unha axeitada estruturación do esquema corporal, cómpre que coñezan o seu corpo (características físicas, elementos e segmentos que o forman, posibilidades e limitacións motrices…), que controlen a respiración, que recoñezan os eixes imaxinarios do corpo para poder acadar unha maior independencia no control motriz e que poidan iniciar e inhibi-los seus movementos de forma voluntaria.
Para que o movemento dos diferentes elementos e segmentos corporais sexa harmónico, cómpre que exista coordinación entre eles. Os nenos e as nenas, progresivamente, irán adquirindo a coordinación dinámica xeral que lles permitirá manexa-los movementos grosos do seu corpo e controla-lo espazo polo que se desprazan.
Gradualmente, e favorecido polas diferentes actividades que o alumnado realiza na clase e polos xogos psicomotrices, irán mellorando a coordinación visomotora. Esta coordinación permitiralles acadar unha maior precisión nas actividades motrices de carácter fino.
Outro aspecto que traballa a educación psicomotriz é a orientación espacial. Os nenos e as nenas deberán aprender e asimilar diferentes nocións espaciais que primeiro deberán vivenciar co seu propio corpo para, posteriormente, podelas representar mentalmente.
Do mesmo xeito, aprenderán a orientarse espacialmente na súa casa, na súa clase, na súa rúa, no seu barrio…, de forma progresiva. Tamén aprenderán a orientárense no espazo gráfico. Este punto está estreitamente relacionado coa aprendizaxe da lectoescritura.
Paralelamente á adquisición das nocións espaciais vanse incorporando as referentes ó tempo. A aprendizaxe dos conceptos temporais abórdase desde a psicomotricidade por medio da interiorización dos ritmos e da secuenciación de elementos. Os nenos e as nenas, ó longo do período da Educación Infantil, deberán acadar unha axeitada estruturación espazo-temporal.
A lateralidade defínese como o predominio dun hemisferio cerebral sobre o outro. A lateralización de funcións non se manifesta ata os 3 anos; neste momento empeza a aparece-la preferencia por unha das mans, aínda que os nenos e as nenas continúan utilizando indistintamente as dúas. Non se consegue unha dominancia cerebral ata os 5 ou os 6 anos. Ás veces non existe unha dominancia igual para tódalas funcións; pódese ter unha maior precisión visual cun ollo, unha maior habilidade cunha determinada man e maior destreza cun pé concreto. A escola debe contribuír neste proceso de lateralización pola súa repercusión, entre outros factores, na aprendizaxe da lectoescritura.

Ao longo de todo este curso realizaremos xogos complementarios e psicomotrices variados, innovadores e divertidos que traballan, de forma motivadora e lúdica, tódolos aspectos mencionados anteriormente. Estes xogos psicomotores poderán realizarse no patio do colexio, na aula de psicomotricidade ou na clase, isto dependerá de cada actividade. Os materiais que se empregan son moi variados:aros, colchonetas, picas, ladrillos, escorregadoiro, pneumáticos, papel de periódico, folios, pandeiro, xices, ceras, lapis de cores, cintas adhesivas, tarxetas con debuxos e nomes, sinais de tráfico, caixas de cartón, máscaras, caretas… Estes xogos complementan e afianzan a aprendizaxe das diferentes nocións, habilidades e destrezas traballadas nas diversas fichas de cada unidade, por medio da vivencia corporal destes.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Unha das finalidades da educación infantil é proporcionarlles a nenos e nenas unha educación completa, que abranga os coñecementos e, dado o carácter preparatorio da Educación Infantil, algunhas das competencias básicas que resultan necesarias na sociedade actual que lles permitan desenvolve-los valores que sustentan a práctica da cidadanía democrática, a vida en común e a cohesión social, que estimule nos pequenos e nas pequenas o desexo de seguir aprendendo e a capacidade de aprender por si mesmos. A adquisición destas competencias permite o desenvolvemento da capacidade do alumnado para regula-la súa propia aprendizaxe, confiar nas súas aptitudes e nos seus coñecementos, así como para desenvolve-la creatividade, a iniciativa persoal, o espírito emprendedor e a capacidade para resolve-los conflitos que se lles presenten na súa vida cotiá.
As competencias básicas constitúen un saber facer, un saber ser e estar, é dicir, un saber que se aplica, que pode adecuarse a unha diversidade de contextos e que ten un carácter integrador; este saber abrangue coñecementos, procedementos e actitudes. Inclúen o desenvolvemento de capacidades e non a aplicación de contidos puntuais. Constitúen unha combinación de destrezas, coñecementos e actitudes adecuadas ó contexto; precísanas tódalas persoas para a súa realización e desenvolvemento persoal. Deben seguir desenvolvéndose, manténdose e actualizándose como parte dunha aprendizaxe ó longo de toda a vida. A incorporación de competencias básicas ó currículo permite poñe-lo acento naquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles. Constitúen un elemento curricular máis pero non se engloban dentro de ningunha área curricular concreta; teñen un carácter globalizador e integrador polo que o proxecto Papapapú, considera importante incluílas, xa desde a etapa da Educación Infantil.
Hai que definir cales son estas competencias, que as caracteriza e cal é o nivel que se considera básico en cada unha delas e que, polo tanto, deben alcanzar tódolos alumnos e tódalas alumnas. Non constitúen aprendizaxes mínimas comúns pero orientan o proceso de ensinanza porque permiten identifica-los contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible. As competencias básicas forman parte das ensinanzas mínimas, complementan os elementos do currículo e danlle un enfoque integrador. Cómpre poñelas en relación cos obxectivos, cos contidos e cos criterios de avaliación se se quere consegui-lo seu desenvolvemento efectivo na práctica educativa cotiá.

A nova Lei de educación establece a seguinte clasificación de competencias básicas:Competencia na comunicación lingüística: refírese á utilización da linguaxe como instrumento tanto de comunicación oral e escrita coma de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións. Esta competencia está referida ó uso polo neno e pola nena das catro destrezas da linguaxe (escoitar, falar, ler e escribir) para construí-lo pensamento, expresar e interpretar ideas, sentimentos ou feitos de forma apropiada e en distintos contextos sociais e culturais e para regula-la conduta, tanto na lingua propia coma no resto das linguas que se utilizan na aprendizaxe.
No caso do neno e da nena destas idades, as destrezas de falar e escoitar son prioritarias na súa lingua e exclusivas na lingua estranxeira, pero isto non impide o achegamento ó código escrito, e sobre todo, á literatura infantil a través de contos e relatos. O desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística está íntimamente ligado, tanto na comprensión coma na expresión, co resto de códigos de comunicación, principalmente co xesto e co movemento mediante a linguaxe corporal e o uso da imaxe e a representación coa linguaxe icónica. O uso destas linguaxes potencia o desenvolvemento das habilidades lingüísticas, crear vínculos cos demais e co contorno, transforma-la realidade, construí-la convivencia e desenvolver unha personalidade firme e segura.
A partir dos cinco anos, o neno ou a nena é competente para expresarse de forma clara e coherente cun vocabulario axeitado á súa idade; de describir obxectos, persoas e situacións; de comprende-la información dun conto ou relato lido por outra persoa e a información visual de viñetas, fotografías, pictogramas, diapositivas, xornais…; de memorizar e recitar pequenas poesías, refráns e cancións na propia lingua e estranxeira. Do mesmo xeito é competente para relatar historias e ler e escribir palabras e frases relevantes relativas ó seu contorno ou vivencias.

Competencia matemática: habilidade para utilizar números e as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático para producir e interpretar informacións para coñecer máis sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade e para resolver problemas relacionados coa vida diaria.
A partir dos cinco anos, o neno ou a nena é competente para identificar e utiliza-los cuantificadores básicos de cantidade, tamaño, espaciais, temporais…; os números de un díxito e asocialos á cantidade; de nomear, identificar e representar formas xeométricas básicas; de agrupar atendendo a dous ou máis criterios (números, formas, obxectos, cores) e resolver problemas sumando ou restando.

• Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados pola acción humana, de modo que facilite a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e á preservación das condicións de vida propia, dos demais homes e das demais mulleres e do resto dos seres vivos.
Ó final deste ciclo, o neno ou a nena é competente para localizar e orientarse en espazos cotiáns, para situarse no tempo e localizar acontecementos relevantes; para definir e identificar elementos representativos da súa realidade máis próxima (profesións, medios de comunicación, animais…).

Tratamento da información e competencia dixital: habilidades para buscar, obter, procesar e comunica-la información e transformala en coñecemento. Inclúe aspectos diferentes que van desde o acceso e selección de información ata o uso e a transmisión desta en distintos soportes, así como a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como un elemento esencial para se informar e para comunicarse.

Competencia social e cidadá: permite vivir en sociedade, comprende-la realidade social do mundo no que se vive e exerce-la cidadanía democrática. Incorpora formas de comportamento individual que capacitan as persoas para conviviren nunha sociedade cada vez máis plural, relacionarse cos demais, cooperar, comprometerse e afronta-los conflitos. Supón ser capaz de se poñer no lugar do outro, acepta-las diferenzas, ser tolerante e respecta-los valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros.

Competencia cultural e artística: supón apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de gozo e enriquecemento persoal e consideralas como parte do patrimonio cultural dos pobos. Supón igualmente aprecia-la expresión de ideas, experiencias ou sentimentos de forma creativa, a través de diferentes medios de expresión (a música, as artes visuais, as artes escénicas, a linguaxe verbal, a linguaxe corporal, as artes populares…).

Competencia para aprender a aprender: supón iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuala de maneira autónoma. Implica poder desenvolverse ante as incertezas e tratar de procurar respostas que satisfagan a lóxica do coñecemento racional. Consiste en admitir diversidade de respostas posibles ante un mesmo problema e atopar motivación para buscalas desde diversos enfoques metodolóxicos. Require ser consciente do que se sabe e do que queda por aprender, de como se aprende, e de como se xestionan e controlan de forma eficaz os procesos de aprendizaxe para optimizalos segundo as propias capacidades orientándoas ás necesidades persoais. É dicir, coñece-las propias potencialidades e carencias de xeito que tire proveito das primeiras e se esforce para supera-las segundas co fin de sentirse seguro ante novos retos de aprendizaxe e motivado a emprendela ante a perspectiva de éxito.

Autonomía e iniciativa persoal: refírese á posibilidade de operar con criterio propio e levar adiante as iniciativas necesarias para desenvolve-la opción elixida e facerse responsable dela, tanto no ámbito persoal coma no social. Esixe o desenvolvemento de valores persoais tales como a dignidade, a liberdade, a autoestima, a seguridade nun mesmo, a demora da satisfacción e a capacidade para enfrontarse ós problemas, á honestidade e á comprensión das normas que permiten crear un código moral propio.

• Competencia emocional: no desenvolvemento de cada unha das accións que a nena e o neno realizan, nun horizonte cada vez máis amplo e en contacto coas persoas que teñen un papel determinante na súa vida, constrúe o autoconcepto e desenvolve a autoestima. O autoconcepto integra todas as claves que sempre vai utilizar para interpreta-la realidade que o rodea e, especialmente, as relacións cos demais. O desenvolvemento da competencia emocional está asociado a unha relación positiva e comprometida cos demais. A actuación natural e sen inhibicións de forma habitual nas distintas situacións que lle toca vivir é a manifestación máis clara desa competencia emocional. Ó concluí-la Educación infantil, o neno ou a nena é competente para manifestar e asumi-lo afecto dos compañeiros e das compañeiras, de interesarse polos seus problemas ou de contribuír á súa felicidade. Tamén o son para controla-lo seu comportamento e tolera-la frustración de non obte-lo que queren e cando queren.

MÉTODOS PEDAGÓXICOS

Prodúcese unha aprendizaxe cando o neno ou a nena establece relacións significativas entre a súa experiencia previa e a nova información que se lle presenta, de forma que se produza unha modificación dos esquemas de coñecementos preexistentes e estes evolucionen cara a estruturas cada vez máis elaboradas e complexas. Isto implica unha metodoloxía baseada no principio de aprendizaxe significativa que parta dos coñecementos previos dos nenos e das nenas, que conecte cos seus intereses e coas súas necesidades e que lles propoña actividades atractivas dabondo para que aprecien de maneira sinxela e clara a finalidade e a utilidade dos novos contidos que van desenvolvendo. Daquela, aplicar unha metodoloxía baseada neste principio didáctico esixe ter en conta —ademais do xa mencionado— os seguintes requisitos:
• Detecta-los coñecementos previos do alumnado para poder realiza-la intervención axeitada.
• Presentar situacións que non estean moi afastadas nin excesivamente próximas ás súas experiencias para provoca-lo conflito cognitivo que actuará de resorte para que os nenos e as nenas propoñan solucións para cada situación.
• Organiza-los contidos da Educación Infantil tendo en conta que é o neno ou a nena quen ten que asimilalos. O establecemento de contidos que actúen como organizadores previos, a planificación de eixes temáticos, centros de interese ou fíos condutores e o repaso regular e periódico dos contidos abordados con anterioridade contribúen a que os nenos e as nenas sintan confianza e seguridade ante as situacións que se lles presenten.
O esquema de contidos incluído en cada unidade didáctica recolle os contidos tratados nela e as relacións máis significativas que se establecen entre eles.
Para conseguir que as aprendizaxes dos nenos e das nenas sexan significativas e que estas sexan o resultado do establecemento de múltiples conexións, de relacións entre o novo e o xa aprendido, é imprescindible que o proxecto sexa concibido baixo unha perspectiva globalizadora.
Os nenos e as nenas que nos ocupan atópanse en posesión dun pensamento sincrético, é dicir, captan a realidade como un todo.
Cando os nenos e as nenas destas idades realizan calquera actividade, implícanse totalmente nela e poñen en xogo mecanismos diversos: cognitivos, psicomotores, afectivos, de comunicación, de atención… Con todo, eles non saben que están descubrindo o medio, que están adquirindo un maior coñecemento do seu corpo, que están progresando na súa autonomía persoal, que están ampliando o seu vocabulario, ou que están coñecendo as súas posibilidades expresivas; só pretenden resolver, de forma entusiasta, unha tarefa que necesita a súa participación activa.
De aí que o proxecto co que traballamos se basee, fundamentalmente, no principio de globalización. Trátase, pois, dun proceso global de achegamento á realidade que se quere coñecer. Este proceso será frutífero se permite establecer relacións e construír significados máis amplos e diversificados. Este carácter globalizador non é incompatible coa conformación do currículo en áreas que constitúen un conxunto relacionado cos ámbitos máis significativos do coñecemento para cuxo desenvolvemento o profesorado debe propiciar actividades que contribúan ó desenvolvemento integral do neno e da nena e, con este fin, crear un clima de seguridade e afecto.
Se atendemos a este principio, o proxecto trata os contidos do nivel da Educación Infantil de forma global, e interrelaciona as tres áreas ou ámbitos de experiencia que forman o currículo.
Deste xeito, os contidos organízanse en unidades didácticas significativas para o neno e a nena, que, partindo dos seus propios intereses, vinculan debida e ordenadamente os elementos informativos novos cos que xa teñen.
A actividade é a principal fonte de aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos e das nenas. Cómpre tanto para o seu desenvolvemento físico e psicomotor, coma para a construción do coñecemento.
Por isto, a ensinanza ten que ser activa, e debe darlle tempo e ocasión a que o neno e a nena participen e sexan protagonistas da súa propia aprendizaxe. Hai que utilizar estratexias que os estimulen a ser creativos e que alenten o desenvolvemento da imaxinación e da capacidade de observación.
A través da acción e da experimentación, os nenos e as nenas expresan os seus intereses e as súas motivacións e descobren relacións, propiedades de obxectos, formas de actuar, normas… En definitiva, aprenden.
Unha das principais fontes de actividade nestas idades é o xogo. É necesario dotar de carácter lúdico calquera actividade que vaiamos realizar para o que se debe evita-la división entre xogo e traballo xa que o xogo é o traballo dos nenos e das nenas. É a actividade principal que realizan, favorece a elaboración e o desenvolvemento das estruturas do coñecemento. O xogo é o vehículo que utilizan para se relacionaren e para aprenderen da realidade que os rodea.
Así mesmo, cómpre potencia-lo xogo autónomo, tanto o individual coma o realizado en equipo, pola seguridade afectiva e emocional, pola integración dos nenos e das nenas entre si e cos adultos. Non hai que esquecer que a interacción con outros nenos e con outras nenas constitúe un importante recurso metodolóxico que os axuda no seu proceso social, afectivo e intelectual. Neste sentido, a escola debe ofrecer espazos e materiais que axuden a crear un ambiente de xogo estimulante e que teña en conta as necesidades do alumnado.
A ensinanza activa contemplámola cunha ampla proposta de actividades individuais e de grupo, nas que nenos e nenas poderán desenvolve-las súas capacidades de manipular, explorar, observar, experimentar, crear…, que lles permitirán aplicar e construí-los seus propios esquemas de coñecemento. O traballo en grupo potencia a participación e mellora a capacidade de expresión, o cal é, sen dúbida, un dos eixes principais para un bo desenvolvemento cognitivo e emocional.
Un principio metodolóxico moi ligado á actividade é a motivación, que se tivo moi en conta para a elaboración do proxecto. É absolutamente necesario que neno e nena se sintan atraídos cara á aprendizaxe. Nisto xoga un papel moi importante que os obxectivos, os contidos e as actividades teñan un nivel axeitado, que respondan ós seus intereses e que os métodos e recursos sexan atractivos e faciliten a aprendizaxe.
Ao longo deste curso recurriremos a diferentes tipos de estímulos para lograr que nenos e nenas estean motivados:
• Observación, manipulación e exploración.
• Situacións apropiadas de comunicación verbal, plástica e psicomotriz.
• Estímulos afectivos con gabanzas e premios, que son fundamentais pola satisfacción que reportan.
En canto ao principio de socialización, o egocentrismo é un trazo propio nestas idades e cómpre que o superen. Neste sentido, o proxecto propón gran cantidade de actividades de grupo nas que os nenos e as nenas aprenderán comportamentos e normas, así como a compartir, a respectar, a participar e, en definitiva, a relacionárense cos demais.
Hai que valorar constantemente a participación, o compañeirismo, a axuda e o respecto cara ós demais…, de tal forma que o neno e a nena se sintan inclinados a repetir eses comportamentos que lles proporcionan gratificacións afectivas e a supera-lo egocentrismo propio desta idade; así desenvolverán a súa capacidade de relación, a súa autonomía e a súa independencia.
A participación da familia a escola é fundamental xa que a aprendizaxe dos nenos e das nenas de 3 a 6 anos está moi centrada nas súas vivencias, nas rutinas da vida cotiá. Debe existir unha continuidade entre o que fan dentro da escola e o que fan fóra dela. A existencia de relacións fluídas entre a familia e a escola vai permitir que se teñan criterios comúns e pautas homoxéneas de actuación que favorecerán o proceso de aprendizaxe e o desenvolvemento harmónico da personalidade dos nenos e das nenas.

Sendo consciente da importancia da vinculación da familia, ao inicio de cada unidade didáctica proponse un material destinado ós pais ou titores no que se lles informa dos aspectos traballados ou que se van traballar e no que se lles ofrecen unhas suxestións que facilitarán o afianzamento das aprendizaxes realizadas e a implicación na educación dos seus fillos e das súas fillas, en estreita colaboración coa escola.
Ademais, a través do Libro para a familia, os pais e as nais estarán informados sobre aspectos educativos importantes que se van traballar cos seus fillos e coas súas fillas. Contén un apartado que lles vai permiti-lo contacto continuo co centro e cos docentes e que lles proporcionará información sobre todo o que crean conveniente relativo ós seus fillos e ás súas fillas.
A sociedade actualmente depende en gran medida das novas tecnoloxías informáticas; así, o sistema educativo debe integralas nas súas ensinanzas desde idades moi temperás. O ordenador é un medio que enriquece o contexto de aprendizaxe dos nenos e das nenas xa que fai que o proceso de ensinanza sexa máis motivador. Así mesmo, posibilita a aprendizaxe por descubrimento, favorece o traballo en grupo, o desenvolvemento da curiosidade e, ademais, a realidade virtual que proporciona o ordenador potencia a capacidade de abstracción.