FINALIZA O 2º TRIMESTRE DO CURSO!

Despois dun trimestre cheo de novas experiencias ,aprendizaxes, sorpresas,... toca comezar a última etapa do noso primeiro ano de cole que, estou segura, seguirá sendo un tempo de novas ilusións, aprendizaxes,...


Lembrade que o próximo luns deberedes traer todo o material do terceiro trimestre que tedes na casa e... 

MOITAS GANAS DE SEGUIR APRENDENDO!

UN AGASALLO PARA PAPÁ!

O pasado mércores celebramos o "DÍA DO PAI"...


e para celebralo preparamos uns agasallos para os nosos papás...
Fixémoslles uns chaveiros con masa que seca ao aire e con axuda dun molde en forma de coche... 





e ademáis...tamén decoramos, coa profe Pilar, unhas postais...


PAPIS, DESEXAMOS QUE VOS GUSTEN!

PLUMAS DE PAVÓN(PAVO REAL).

Hugo Rouco tróuxonos ao cole plumas de pavón (Pavo Real)...


Contounos que os pavóns son paxaros  que ten o seu avó e que estes paxaros teñen moitas plumas de cores moio vistosas.

MOITAS GRAZAS POLO TEU AGASALLO HUGO!

2ª FESTA DE CUMPREANOS!

O pasado venres celebramos a festa de cumpreanos de DAFNE, MATEO, JESÚS ARIAS, OLIVER E ALBA.


Convidáronnos a uns apertitivos...


e e unha tarta...


Ademáis de sorprendernos cuns agasallos...


Moitas grazas a todos/as! e...


MOITAS FELICIDADES!

DESFILE DE COMPARSAS DE ENTROIDO!

IMG-20140228-WA0000.jpg

O desfile de entroido de este ano estivo cheo de moito amor...
que repartiron os máis peques do cole caracterizados de "osiños amorosos"...



 


BAILE DE ENTROIDO E CHOCOLATADA!

Foi unha tarde chea de personaxes fantásticos e moitas sorpresas...


moi, moi doces...

 

FESTA DE ENTROIDO!

Para celebrar o entroido tamén fixemos unha pequena degustación de postres típicos destas datas...




 



Ummmmm...Encantoulles a todos/as!

SOMOS PAPELOTES!

Temos un cariño especial a nosa mascota por iso neste entroido caracterizámonos como o noso amigo Papelote...

SOMOS INDIOS!

Ao longo da semana de entroido puidemos coñecer un pouco máis sobre a vida dos indios(vestimentas, adornos, vivendas, esculturas,...)...






... para rematar converténdonos en ...


INDIOS!