Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 12-13. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 12-13. Mostrar todas las entradas

4ª FESTA DE CUMPREANOS!




AINHOA,CARMEN,CLARA,FÁTIMA, HAYDEÉ e MARIANO celebraron a última festa de cumpreanos do curso cos seus compañeiros e compañeiras... convidándoos a uns aperitivos salados e unha deliciosa tarta.
MOITAS FELICIDADES AOS 6!



SAÍDA Á PRAIA!

O pasado venres, puidemos disfrutar dun día de praia en Pontedeume...






PASÁMOLO MOI BEN!


ESPECTACULAR ACTUACIÓN DOS MÁIS PEQUES DO COLE!


Os máis peques do cole transladáronnos coa súa actuación aos anos 50. 



Tupes, brillantina e cardados encheron o escenario para deleitarnos cun "mini" musical que emocionou a máis de un dos asistentes.

NORABOA RAPACES,FIXÉSTELO XENIAL!

FESTA DE CUMPREANOS DE ANDREA, HUGO, DANIEL,LAURA,LEO E NOELIA.


O pasado Venres cekebramos a festa de cumpreanos de ANDREA, HUGO, DANIEL,LAURA,LEO E NOELIA.
Xuntos, degustamos uns aperitivos, zumos e unha deliciosa tarta de cumpreanos.
Ademáis agasallárononos cun fermoso recordo deste día.
 
MOITAS GRAZAS AMIG@S!!! e... MOITAS FELICIDADES!

O SEPRONA VISITA A NOSA AULA!


O pasado mércores recibimos a visita de dous membros do "SERVICIO DE PROTECCIÓN DA NATUREZA" 
(SEPRONA) que nos explicaron en que consiste o seu traballo, co fin de concienciarnos sobre o gran mal que os lumes ocasionan nos nosos ecosistemas.


A CHOIVA NON PUIDO COA SOLIDARIEDADE!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo


Un ano máis, a organización da III CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA quedou encantada coa numerosa participación, a pesar das inclemencias metereolóxicas.
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Mestres, nenos e nenas, pais, nais, avós e avoas... todos unidos por unha boa causa...

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!! 
CONTAMOS CON VOS 
PARA O ANO QUE VEN!!
* Podedes ver máis fotos AQUÍ.

SAÍDA AO "CASTRO DE VILADONGA"!



Hoxe os nenos/as e os mestres de educación infantil e do primeiro ciclo de primaria realizamos unha visita ao Castro de Viladonga, en Castro de Rei.


Visitamos o Museo do Castro de Viladonga e o propio Castro.








Alí puidemos coñecer e ver cos nosos propios ollos, como e onde vivían os nosos antepasados.
Ademáis, tamén tivemos a oportunidade de asistir a unha representación de monicreques:"Perico o cangrexo", pola compañía Titirimaña teatro.







Pasámolo  moi ben!


"A CAIXA DE MÚSICA"!

A caixa de música
 
O pasado 2 de Maio os nenos de Infantil asistiron á representación da obra "A caixa de música" a cargo da compañía de teatro Viravolta Tí­teres.
“A Caixa de Música” foi un espectáculo musical que combina tí­teres de mesa e luz negra con música para trí­o de piano, violí­n e clarinete interpretada en escena por Xosé Manuel Yáñez, Mariola Gil e Beatriz Rodrí­guez Caridad.
Cecilia e Salterio, xogando, estragan a pequena caixa de música de Calderón (músico ambulante). Pesarosa e arrepentida, Cecilia tratará de arreglala recuperando os sons que escaparon dela, aprendendo distintas combinacións de sons, que viven nunha gran“caixa de música".
 
 

UN AGASALLO PARA MAMÁ!

Para agasallar as nosas mamis polo "Día da nai" creamos uns broches coas nosas propias maniñas...
 
 
 
 
Amasamos...

 
Démoslle forma con diferentes moldes...



 
 

Pintamos e... un pouco de purpurina!!
 
FELICIDADES MAMÁS!



III CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA!!!!

Por terceiro ano consecutivo o 17 DE MAIO("DÍA DAS LETRAS GALEGAS")o COLEXIO CERVANTES organiza unha CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA.
Como novidade este ano doaremos parte da recaudación a axudar a familias necesitadas do noso barrio e outra parte será para UNICEF(para axudar na creación de tanques de auga,...).
O día da carreira tamén se recollerán alimentos, así como productos de primeira necesidade infantil(potitos, leite en po,toalliñas,...).
Para poder participar tedes diferentes formas de inscripción:
- Os adultos que desexen entrar na clasificación deben facer a inscripción na páxina CHAMPIONCHIPNORTE.COM
- Os demáis adultos deben mandar ao cole os datos persoais(nome,apelidos, data de nacemento e DNI) xunto con 3 euros.
- Os nenos/as deberán traer os seus datos e 1 euro ao colexio.

RECIBIMOS UNHA CARTA MOI ESPECIAL!

O PASADO DÍA 22, “DÍA MUNDIAL DE LA TIERRA” recibimos una carta muy especial…
Despois de leela fíxonos reflexionar sobre os nosos comportamentos e decidimos compartila co resto de compañeiros e compañeiras do cole.

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!

Para celebrar o día do libro, o pasado 23 de Abril, decoramos uns marcapáxinas...

e.. creamos o noso primeiro libro de contos...

PINTAR, PINTAR, PINTAR SIN PARAR...

Despois de crear as nosas figuriñas con masa chegou o momento de pintalas...

 
 
 
 
 
 
 
 
...listos para agasallarllos aos nosos papis!
 
 

XOGANDO COA NEVE!

Fai unhas semanas puidemos tocar a neve coas nosas propias maniñas...
 
 
 
 
 
 
 
 
Ao día seguinte puideos observar o cambio que sufriu o no noso bonequiño...



E ademáis, tamén puidemos crear o noso propio boneco de neve...


e debuxalo...