PLAN PROXECTA
NUTRIESCOLAS 0(EDUCACIÓN INFANTIL)
INTRODUCIÓN:
Con este proxecto ensinaremos aos nenos/as que para medrar fortes e sans hai que comer todo tipo de alimentos porque cando coidamos o noso corpo sentímonos ben. Tamén aprenderán a que para coidarnos temos que lavar as mans antes de comer, comer de forma sa e equilibrada, cepillar os dentes despois de cada comida, facer exercicio e xogar todos os días, asearnos a menudo e durmir o suficiente.
Este proxecto realizarase no CPR Plurilingüe Cervantes, situado nunca zona urbana do norte da cidade entre os barrios de A Milagrosa e A Piringalla da cidade de Lugo, nas aulas de 4º,5º e 6º de infantil, con nenos/as entre 3 e 6 anos.
O Colexio Cervantes é un centro integrado no que se imparten ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria, que goza de autonomía no ámbito pedagóxico e organizativo de acordo ao que establezan as disposicións legais vixentes e que se configura como unha Comunidade Educativa integrada polo conxunto de persoas que, implicadas na acción educativa, enriquecen os obxetivos do Centro.
Debido a que a obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica consideramos que a escola(xunto coa familia, o entorno,…) desempeñan un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables.
Somos conscientes de que todo o que acontece nos primeiros anos de vida é transcendental para o desenvolvemento, e para o resto da vida, en moitos aspectos da saúde e do benestar en xeral. Deste xeito,nenos e nenas que medran en contornas que coidan a súa saúde, alcanzan mellores resultados educativos e que nenos e nenas con mellores e máis competencias educativas chegan a ser persoas adultas máis saudables.
A etapa de educación infantil é unha etapa educativa con identidade propia, que ten a finalidade de contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado, en todas as súas dimensións: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva e artística; potenciando a autonomía persoal e a creación progresiva dunha imaxe positiva e equilibrada de si mesmo, así como á educación en valores cívicos para a convivencia. Polo tanto, grazas á posta en marcha deste proxecto contribuiremos a esa finalidade da educación infantil e aos obxectivos educativos.
OBXECTIVOS:
Obxectivos xerais:
Contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado do segundo ciclo de educación infantil, en todas as súas dimensións (social, cognitiva, afectiva, cultural...).
Favorecer que nenos e nenas do segundo ciclo de educación infantil adquiran hábitos alimentarios saudables.
Incorporar a promoción da saúde a toda a comunidade e contorno educativo.
Obxectivos específicos:
Coñecer, controlar, explorar o corpo, recoñecendo as súas características e posibilidades.
Ampliar o coñecemento sobre alimentos e as súas propiedades, e clasificalos con diferentes criterios.
Desenvolver, estimular, potenciar os sentidos mediante a observación, descubrimento, manipulación e degustación de variedade de alimentos.
Manipular útiles e ferramentas sinxelas relacionados coa alimentación.
Elaborar, probar, opinar sobre receitas novas e sinxelas.
Sentir e expresar os sentimentos e as emocións asociadas co feito alimentario.
Reducir/Evitar/Eliminar os alimentos non aconsellables nas merendas da aula, do centro e na contorna familiar.
Traballar hábitos de hixiene para a alimentación: lavar as mans e os dentes.
Espertar/Fomentar a creatividade utilizando a alimentación e os alimentos.
ACTIVIDADES:
Antes de aprender a coidar o noso corpo é necesario coñecer como é, as súas partes,…