O pasado 2 de Maio os nenos de Infantil asistiron á representación da obra "A caixa de música" a cargo da compañía de teatro Viravolta Títeres.
“A Caixa de Música” foi un espectáculo musical que combina títeres de mesa e luz negra con música para trío de piano, violín e clarinete interpretada en escena por Xosé Manuel Yáñez, Mariola Gil e Beatriz Rodríguez Caridad.
Cecilia e Salterio, xogando, estragan a pequena caixa de música de Calderón (músico ambulante). Pesarosa e arrepentida, Cecilia tratará de arreglala recuperando os sons que escaparon dela, aprendendo distintas combinacións de sons, que viven nunha gran“caixa de música".