VIDEOCONFERENCIA CO "LORO PARQUE" DE TENERIFE.

O pasado Mércores tivemos a oportunidade de realizar unha videoconferencia co "LORO PARQUE" de Tenerife.


Loro Parque Fundación é unha ONX Adicada á conservación da natureza. Participamos nas actividades on-line a través da  web Nautilus.


Realizamos a videoconferencia a tempo real e  a través dela puidemos observar as tartarugas en directo, falamos do seu coidado,... E dos perigos que as diferentes especies de tartarugas se atopan no mar e son rescatadas e enviadas a Centros de Recuperación de fauna Silvestre, onde son recuperadas para posteriormente devolvelas ao mar.


Ademáis, tivemos a oportunidade de plantexar varias preguntas mediante o chat e puidemos poñerlle nome ("Manuelita") a unha das tartarugas que estaban coidando.

CONSTRUÍMOS UNHA CASIÑA PARA AS NOSAS TARTARUGAS.


Fai "click" na imaxe para ampliar a información.

¡2º PREMIO Á MELLOR INICIATIVA TIC!

Estamos de noraboa porque a revista Educación 3.0 concedeunos un dos 2º premios á "mellor iniciativa TIC" .

Este é un aliciente máis para seguir traballando con esforzo e ilusión...

Fai "click" na imaxe para ampliar.

¡MOITAS GRAZAS POLO PREMIO!

¡FELIZ DÍA PAPÁS!

¡MOITAS FELICIDADES A TODOS OS "PAPIS"!



DESPRAZÁNDONOS POLO NÚMERO "1".

Desprazámonos de diferentes formas (reptando, gateando,...) polo número "1"(feito con colchonetas)...


UNHA CONTACONTOS ESPECIAL...



Este Xoves tivemos a sorte de contar con outra contacontos especial, a mamá de Raúl. Belén e Raúl contáronos o conto de "Os tres porquiños" cun desenlace moi especial. Encantounos!


¡Moitas grazas Belén!

PAPELOTE VAI Á CASA DE UXÍA.


Uxía saliu moi contenta do cole porque Papelote pasaba a fin de semana na súa casa. O Venres pola tarde levouno ao parque e subiuno nos columpios. O sábado e o domingo estiveron na aldea na casa dos seus tíos e curmáns. Ensináronlles todos os animais que teñen e xogaron con Papelote a moitas cousas. Pasárono moi ben!

RECORTANDO II.

A partir dos tres anos, os traballos manuais axudan a desenvolver a creatividade dos nenos/as. Axudan a perfeccionar a motricidade fina e a mellorar a súa destreza manual.

As tesoiras son un elemento moi entretido para crear formas,....e traballar a motricidade fina...














TRABALLANDO NO LIBRO DIXITAL III.





TRABALLANDO A EXPRESIÓN PLÁSTICA.

A expresión plástica e moi importante  para o desenvolvemento das persoas. É por iso que comezamos a traballala na nosa aula, xa que favorece o desenvolvemento e a adquisición de novas capacidades nos nenos/as.



PAPELOTE VAI Á CASA DE LAURA.


¡Que chachi!, peusou Laura, porque por fin Papelote pasaría a fin de semana na súa casa.
Na súa casa, comeu ao seu lado,e tamén cerquiña da súa irmá Carla e de Adrián, que lle axudaron a coidalo. Foron á finca dos avós e columpiaron a Papelote nos seus columpios. O domingo visitaron aos outros avós que tamén se levaron unha gran sorpresa. Xogaron moito con  Papelote toda a fin de semana e pasárono moi ben.