Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

FIN DE CURSO!!

E COLORÍN COLORADO....

Rematamos o curso celebrándoo con todos os compis de infantil do cole e os profes que tanto nos axudaron durante estes curtos meses. As fotos son poucas (adicámonos a bailar e comer moito...) pero...pasámolo moi ben!









Despedimos este curso con moitos bicos e apertas...e algunha que outra lagrimiña...pero...

VÉMONOS EN SETEMBRO E FELICES VACACIÓNS!



GRAVACIÓN DO FESTIVAL

Recordade que mañá, día 26/05/2017 é o último día para solicitar a gravación do festival do cole. O custe da mesma será de 5 euros por anticipado e entregarase nun sobre pechado co nome do neno/a no exterior. Moitas grazas!












CELEBRACIÓN DOS MAIOS NO HORTO

Os nenos e nenas de EI do Colexio Cervantes recitaron a cantiga dos maios no horto co resto de alumnado do centro. Moitísimas grazas pola asistencia ese día e... vémonos na próxima celebración!





OS MAIOS

FIXEMOS UN MAIO!!!!

Con motivo da celebración dos Maios, os máis peques do cole decoraron uns caracois para adornar o maio, xunto co resto dos nenos de Infantil e Primaria. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso e do resultado final. Agardamos que vos gusten!








Boa fin de semana!


 

DIA DA NAI

Hoxe foi o día da nai e os peques do cole prepararon na aula os seus regaliños. Neste caso foi unha flor decorada con rotuladores e plastilina. Seguro que as mamás están encantadas cos seus regaliños... Quedaron fermosas!!!












E na seguinte fotografía podedes ver todas a flores xuntiñas e moi coloridas!



Agardo que pasárades un bo día!!! Parabéns!



2ª FESTA DE ANIVERSARIOS

XA SOMOS MOI GRANDES!

O venres celebramos os aniversarios dos maiores da clase. Foi un día moi divertido para todos e comemos moitas chuches!

Aquí tedes algunha das fotos da celebración. Ninguén se quedou sen regaliños...Ata a profe recibiu unhas flores moi ricas!!

















MOITÍSIMAS GRAZAS 







DIA DO PAI

A semana pasada preparamos os regaliños para o día do pai. Traballamos moitos días porque tivemos que pintar os marcos, facer boliñas de distintas cores e tamaños e, finalmente, pegalas. Deixamos o chan da aula cheo de cores pero...¡Que ben o pasamos!







Esperamos que lles gustasen moito os regalos ós papás e mamás.
¡Felicidades a todos!