VISITA DO CB BREOGAN


Que gran sorpresa tivemos no cole! Viñeron a vernos dous xogadores do CB Breogan; Kevin Van Wijk e Dani López.



Faláronnos do importante que é comer ben e facer moito exercicio para poder crecer sans e fortes. Tamén nos ensinaron a canción para animar ó equipo, que consiste en dicir BREOGAN! e dar tres palmas... así que estivemos practicando por se algún día imos ó Pavillón dos Deportes a animalos... E fíxéronse unha foto con nós!!!




E xa para terminar, e como gran sorpresa... axudáronnos a tirar uns tiros á canastra! Foi moi divertido, grazas equipo e... FORZA BREO!





O TRABALLO DIARIO...



Está claro que os nosos pequenos e pequenas son cada día mais autónomos e traballan mellor.Xa realizamos as nosas pequenas obras de arte con diferentes técnicas; pintando con ceras, punteando co rotulador, con pintura de dedos, con pinceles... E todo isto (ás veces) sentados e calados! Así da gusto!! Ademáis, xa facemos as nosas sesións de psicomotricidade no pavillón, como os nenos e nenas maiores... E para mostra, aquí tedes estas fotos e un vídeo:



























O OUTONO E O MAGOSTO



Estes días, estivemos traballando na clase aspectos relacionados coa estación do magosto: fixemos que eramos chuvia, que eramos vento, que eramos árbores movidos polo vento... e por suposto, que se nos caían as nosas follas. Por iso, estivemos pintando unhas follas coa cor do outono para decorar a nosa clase....







Pero ademais, imos celebrar o magosto co resto de compañeiros de 4 e 5 anos. Así que, para comer esas castañas tan ricas que nos van traer os pais e nais da ANPA, fixemos un cucurucho que imos levar para a casa, e que podemos usar cando comamos máis castañas cos pais e nais, cos avós, cos tíos, cos primos....
















E saímos no Progreso!!!







Así que, xa sabedes, a rica castaña!!!!!!



Celebramos o Samaín

O prometido é deuda!! 

A nosa sorpresa para os pais e nais de 3 anos foi aparecer o xoves cunha careta de cabaza!! Qué susto levou algún papa e algunha mamá ó vernos saír da clase!!!
Durante a semana estivemos pintando a cabaza cun rodillo e pintura laranxa que deixamos secar durante un día...






Despois puxémoslle unha sonrisa de plastilina negra para que quedara máis terrorífica, e tamén un pelo verde con papel pinocho en forma de lazo...




Na hora da merenda, probamos os Dedos de Bruxa do noso compañeiro Lucas, que eran unha delicia!! Grazas a Lucas e familia por compartilos con nós... qué bos estaban!






Antes de ir para casa, saímos ó patio cuberto a mirar a exposición de manualidades de Samaín que se fixo no cole... alí puidemos ver as manualidades que trouxemos da casa e as cousiñas que outros nenos e nenas maiores fixeron... E aproveitamos para facer unha foto, claro!







 De volta na aula, esperamos a que chegaran todas as familias, para saír asustando ós pais e nais, e levamos un diploma e uns caramelos que nos regalou a ANPA...












En definitiva, pasámolo terroríficamente ben!!