DÍA DA "SEGURIDADE VIAL"

O pasado 10 de Xunio celebrouse o DÍA DA "SEGURIDADE VIAL".
Para celebralo na aula falamos da importancia de coñecer sinais de tráfico para evitar accidentes.
E grazas ao papá de Aitana, que nos facilitou unhas presentacións, puidemos coñecer mellor algúns sinais... e ata colorealos...





7ª FESTA DE CUMPREANOS!

O pasado venres celebramos a última festa de cumpreanos deste curso.



Celebramos os cumpreanos de: Sofía, Hugo Seoane, Taha, Lucas e Jaime.


Invitáronnos a uns aperitivos salados, uns zumos e unha rica tarta de chocolate.

Ademáis entregáronnos uns conos de gominolas.
Moitas grazas aos cinco!

DÍA DA CARIDADE!

O próximo domingo celébrase o "DÍA DA CARIDADE". Para celebralo falamos da importancia de certos valores para ser boas persoas(solidariedade, paz,...)e elaboramos un mural entre todos/as co seguinte lema:
"SI QUIERES REÍR LO MEJOR ES COMPARTIR".
Mañá xoves día 7, ás 18 horas, no salón de actos de Caixa Galicia(na praza de Sta Mª) farase entrega a todos os participantes dun pequeno agasallo e  ao rematar terán globoflexia, xogos populares e xogos cooperativos na Praza de Sta Mª.

BOLSAS ESCOLARES PARA EDUCACIÓN INFANTIL!

O 1 de Xuño fíxose público no DOG o anuncio das BOLSAS ESCOLARES DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA O SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL para o vindeiro curso 2012-2013.
Tedes máis información no taboleiros do colexio.

FESTA DE CUMPREANOS DE ALEJANDRA, MARCOS, KAMAL E JOSUÉ.

O pasado venres celebramos a festa de cumpreanos de Alejandra, Marcos, Kamal e Josué que convidaron aos seus compañeiros/as a gusanitos, gominolas, zumos e uns ricos doces.


FELICIDADES AOS CATRO!

DEFENSORES DA NOSA MURALLA!

Recibimos uns diplomas que nos acreditan como DEFENSORES DA MURALLA pola nosa participación nos PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO.





NORABOA A TOD@AS!

ÉXITO DA "II CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA"!


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

FESTA DE CUMPREANOS DE UXÍA, ÍKER E ALEXANDRU!

O pasado venres celebramos os cumpreanos de Uxía, Íker e Alexandru.



Convidáronnos a uns aperitivos salados(patatas, gusanitos, galletitas) e unha rica tarta de cumpreanos.


Ademáis tamén nos fixeron entrega dun rico agasallo.


MOITAS GRAZAS AOS TRES!

Podes ver máis fotos na parte inferior dereita do blogue.

SAÍDA AO TEATRO!

Hoxe asisitimos á representación teatral da obra "BICHARADA".





.

A obra introduciu aos nenos e nenas no mundo do bosque,máis invisible aos nosos ollos no que, nun principio, unha araña e unha formiga viven tranquilas ata que un día sucede algo que acabará coa tranquilidade do lugar: a aparición dun escaravello!



 A resposta ante o reto desta nova convivencia centra o argumento de Bicharada.