VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL.

O pasado mércores día 21 realizamos unha visita á biblioteca municipal.
Alí puidemos coñecer a zona de libros,contos e DVDs axeitados para a nosa idade e tamén puidemos ver a gran cantidade de libros que existen,de moitas formas, tamaños e cores...
 
 
 
*Podedes ver máis fotos na galería de imáxes da parte inferior dereita do blogue.

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Os máis peques do cole tamén celebraron o SAMAÍN, decorando debuxos, máscaras de cabazas,..
 
 
Ademáis  tamén aprenderon unha canción moi entretida, do grupo galego "Mamá Cabra"...


 
Os participantes na exposición de cabazas do cole foron agasallados cun diploma para agradecer a súa participación.
 
 
 Moitas grazas a tod@s!
Sodes uns artistas!
 

1ª FESTA DE CUMPREANOS!

Hoxe celebramos a primeira festa de cumpreanos do curso.
 
 
Amir, Carla, Sergio, Jennifer, Martiño e Lucía convidaron aos seus compañeiros/as a chocolate quentiño, churros, unha deliciosa tarta de cumpreanos e caramelos.
 
Eles leváronse unha volvoreta con debuxos da súa profe e de todos os seus compañeiros/as como agasallo.

Podedes ver máis fotos da festa na galería de fotos da parte infarior dereita do blogue.

DEGUSTACIÓN DE FROITAS DO OUTONO.

 
Despois da visita ao supermercado puidemos degustar as froitas que mercamos.
 
Pero, para facelo máis entretido fixemos as nosas propias figuriñas de froitas(corazóns, estrelas, osiños, elefantes, soles,...).
 
 
 
 

VISITA AO SUPERMERCADO.

Hoxe realizamos unha visita ao supermercado que está cerca do noso cole.
 
 
Alí puidemos ver a gran cantidade de froitas e froitos típicos do outono.