Os peques trouxeron ao cole máis cabazas que decoraron con axuda das súas familias.
TRUCO OU TRATO?
Coa chegada da festa do Samaín decoramos a nosa aula con cabazas, morcegos, pantasmas,...
E tamén decoramos a porta da nosa aula para que os que nos visitaran(dicindo as "palabras máxicas: TRUCO OU TRATO!") poideran recibir un doce agasallo...
PRIMEIRAS CABAZAS DECORADAS DO SAMAÍN.
Oliver,Álvaro, Gorka e Adrián trouxeron ao cole as primeiras cabazas decoradas para o SAMAÍN.
Tamén trouxeron as súas cabazas decoradas Selena, Alba e Hugo Rouco.
Quedáronlles fermosas, verdade?Pois...xa sabedes,
Animádevos a seguir participando!
PRIMEIRAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE.
Ao longo destas primeiras sesións de psicomotricidade, ademáis da importancia dun bo quecemento para evitar lesións,
traballamos diferentes aspectos: dentro-fóra,arriba-abaixo,... a través de diferentes xogos...
VISITA DO CB BREOGÁN!
O pasado luns recibimos a visita do C.B. BREOGÁN!

Michel Diouf, Álex López e Martín Gómez visitaron o noso cole e animáronnos a practicar deporte sen esquecernos de seguir estudiando.

Para recibilos elaboramos unha pancarta animando ao noso equipo que, ao rematar a visita, nos firmaron todos os xogadores.

Diouf, Álex y Martín repartíronnos pequenos agasallos do seu clube e, ademáis, invitáronnos a un encontro do breogán como local.

FORZA BREO!
FESTEXAMOS O "SAN FROILÁN"!
Estes días estanse celebrando as festas do patrón da nosa cidade. O San froilán, festa declarada de Interés Turístico Nacional, é unha das festas máis coñecidas en toda España e, ademáis, tamén e moi coñecido o noso "Polbo á Feira".
Por iso na nosa aula aproveitamos para coñecer máis a fondo a este animal marino. Despois de falar un pouquiño das súas características pintamos entre todos un polbo xigante para decorar o patio.
FELIZ SAN FROILÁN!
NENOS/AS AUTÓNOMOS E INDEPENDENTES
Levamos xa varios días de curso e agora é importante que fomentemos a autonomía dos nosos nenos/as.
Unha maior autonomía favorece a capacidade de decisión dos nenos/as.
Como ben sabemos, todo se aprende , e polo tanto, todo se enseña. Para que os nenos/as sean independentes e autónomos, dependerá moito da educación que lles deamos.
Polo tanto, será importante que non nos anticipemos ás accións dos nenos/as, a non deixarlles actuar ou a facer outras cousas que poden facer soliños/as.
Os nenos/as aprenden a ser autónomos nas pequenas actividade diarias que se desenvolven na casa, no colexio,...
Os nenos/as queren medrar, queren demostrar que son maiores en todo momento. Polo tanto, pais e educadores, debemos aplicar tarefas que axuden aos nenos/as a que demostren as súas habilidades e o seus esforzos.
Poñer, recoller, agarrar, abrochar e desabrochar, ir ao baño, comer soliños/as,... son accións que axudarán aos nenos/as a situarse no espacio no que viven, e a sentirse partícipes na familia e entre os seus amigos/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)