CUMPREANOS DE SARA!

O pasado xoves foi o cumpreanos de Sara e quixo traernos uns detalliños para celebralo...






Moitas grazas Sara! e FELICIDADES!

OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA!

Ao longo desta semana de celebracións pola festa do Samaín na nosa aula realizamos un OBRADOIRO DE COCIÑA TERRORÍFICA.



Antes de comezar a cociñar foi necesario asearnos e vestirnos de forma axeitada... despois disto...xa estábamos preparados para cociñar.

Preparamos os ingredientes e o material necesario...


Repartimos mermelada de fresa sobre unha galleta...



Colocamos dous gusanos de gominola sobre a mermelada(en forma de patiñas) e colocamos outra galleta sobre  eles...



Untamos sipope de chocolate sobre a galleta e cubrimos con "perliñas"de chocolate...e colocamos dous lacasitos (simulando ollos).



Ummmmmm...quedáronnos unhas "arañiñas" deliciosas,verdade?

CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS.

O xurado(formado por unha representación de nenos/as de todas as aulas) do CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS POLO SAMAÍN foi o encargado de elexir as cabazas gañadoras.



A súa tarefa non foi nada doado porque o traballo dos neno/as e as súas familias foi IMPRESIONANTE.


Todos os participantes foron agasallados cunha bolsa de chuches con zumo e un diploma  como agrademento a súa participación.






Na nosa aula a cabaza gañadora foi a de Dafne que, ademáis da bolsa de chuches con zumo e o diploma, foi agasallada cun conto.


NORABOA A TODOS/AS 
POLO VOSO TRABALLO!

MÁIS CABAZAS DECORADAS!


Os peques trouxeron ao cole máis cabazas que decoraron con axuda das súas familias.


 




TRUCO OU TRATO?

Coa chegada da festa do Samaín decoramos a nosa aula con cabazas, morcegos, pantasmas,...

E tamén decoramos a porta da nosa aula para que os que nos visitaran(dicindo as "palabras máxicas: TRUCO OU TRATO!") poideran recibir un doce agasallo...

PINTAMOS UN MORCEGO PARA O SAMAÍN.





TRABALLANDO NO ENCERADO DIXITAL!








PRIMEIRAS CABAZAS DECORADAS DO SAMAÍN.

Oliver,Álvaro, Gorka e Adrián trouxeron ao cole as primeiras cabazas decoradas para o SAMAÍN.


Tamén trouxeron as súas cabazas decoradas Selena, Alba e Hugo Rouco.


Quedáronlles fermosas, verdade?Pois...xa sabedes,
Animádevos a seguir participando!

PRIMEIRAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE.


Ao longo destas primeiras sesións de psicomotricidade, ademáis da importancia dun bo quecemento para evitar lesións, 


traballamos diferentes aspectos: dentro-fóra,arriba-abaixo,... a través de diferentes xogos...