O DÍA A DÍA NA ESCOLA....



Despois de casi dous meses de cole (como pasa o tempo, verdade?), os máis peques do Cervantes avanzan a pasos axigantados... moitos e moitas xa se poñen e quitan o mandilón soíños, abotoándose coma verdadeiros chicos e chicas maiores....

















Ademáis, cada día traballamos un pouquiño mellor; os debuxos que facemos van quedando máis bonitos porque aprendemos a coller a cera correctamente, a non saírnos do debuxo, facendo raias pequenas... E sobre todo, mirando o que facemos!!








O de facer o tren para saír ó patio está controlado! Cústanos un pouco máis facelo para voltar a clase, pero seguro que dentro de pouco xa nos sairá xenial! E como vedes, xa nos sentamos todos xuntiños na alfombra a cantar cancións, ver contos...




En definitiva, estes pequenos e pequenos e pequenas están moi adaptados á rutina diaria, a cumprir as normas, a traballar... Ás veces esquécesenos algo, pero estamos aprendendo e é lóxico que de vez en cando nos teñan que recordar algunha cousiña....

Así que nenos e nenas, pais e nais, a seguir así, cada día mellor e mellor, traballando no cole e na casa para que estes peques aprendan e melloren cada día máis, porque ése é o xeito de crecer.

Aaah.. e atentos ó blogue que en breves chega o Samaín... e temos unha sorpresa familias!!! Que será? Truco ou trato?? Pronto o veredes...

Terceiro día de Cole!!



Hola a tod@s!!! Levamos xa tres días no cole, e hoxe xa estivemos sentadiños pintando, vendo ó noso amigo Mickey Mouse e... volvendo a pintar!! E ademais, estamos aprendendo a facer o tren para saír ó patio... mirade, xa nos sale bastante ben verdade??








BENVIDOS AO COLE!

Por fin chegou o comezo do cole! Todo estaba listo para recibir ós novos alumnos e alumnas de 3 anos....





E ás 12 da mañá chegaron todos os nenos e nenas que esperábamos con gran ilusión!! Subímonos no tren para entrar na clase de 3 xunto cos papás e mamás que hoxe nos acompañaron durante a presentación...























Xa dentro da clase estivemos pintando, mirando contos, facendo puzzles... e xogando claro! 



















Pasámolo moi ben e antes de ir para casa levamos un globo de regalo! Xenial!! Para vir mañá ao cole con máis gañas aínda














Así que ata mañá a todos!! Vémonos na clase de 3 anos!!!!

COMIENZA UN NUEVO CURSO!


El próximo miércoles comienza un nuevo curso.
¡Os esperamos a las 12:00 en el cole!