V CARREIRA SOLIDARIA COLEXIO CERVANTES

SAÍMOS VISITAR O HORTO DO COLE!


O pasado mércores fixemos unha visita ao horto do cole para coñecer as plantas que sembraron os nosos compañeiros/as e así colocar o noso espantallo.




 







CREAMOS UN ESPANTALLO PARA O HORTO!

Falando dos coidados que deben ter as plantas do noso horto xurdiu a idea de facer un espantallo para que os paxariños non  nos coman  as plantas do horto.













CREAMOS UNHA RODA DOS ALIMENTOS.

Estamos metidos de cheo no noso proxecto de SEMENTES DE FUTURO e na aula estamos aprendendo moitas cousas sobre o horto.
Nesta ocasión fixemos unha roda dos alimentos para saber cando temos que plantalos e cando se recollen.










CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!

O 23 de Abril celébrase o DÍA DO LIBRO.
 Nós celebrámolo  escoitando diferentes contos da literatura popular e decorando o noso primeiro libro de contos.






2ª FESTA DE ANIVERSARIOS!




Antes de poñer fin ao segundo trimeste do curso festexamos a festa de cumpreanos dos nosos compañeiros/as: Irune, Lucas, Illlyas, Hernán, Youssef, Laura, Doua e Vera.



Convidáronnos a uns aperitivos(patacas, gusanitos,...), zumos,un pastel de cumpreanos e un agasallo de recordo.
MOITAS FELICIDADES!

SAÍDA AO SUPERMERCADO!

A semana pasada realizamos unha saída para visitar un supermercado do noso barrio...

percorremos as súas instalacións coñecendo as diferentes seccións...
froitaría...
panadería...
peixería..
carnicería...

e antes de marchar mercamos froita para degustar na aula.

FELICIDADES PAPÁS!

Fixemos varios traballiños para entregarlles aos nosos papis polo día do pai...

Unhas postais decoradas con gomets...

e  uns coches para as chaves...








quedáronnos moi ben!
Esperamos que vos gusten papis!