COMEZAMOS!

Hoxe foi o noso primeiro día de cole...


Fixemos moitas cousiñas... Xogar nos recunchos, cantar, xogar no patio, ver unha peli,....e tamén pintamos os debuxos dunha carta da profe Tere para os nosos papis.


BENVIDOS AO COLE!

Vémonos o Xoves 10 de Setembro ás 12h. na aula de "3 anos"!
A presentación durará sobre 30 minutos.

FESTA DE ANIVERSARIOS!

Helena, Brayan, Ana, Gabriel, Enma, Jeray, Ángela e Aynara celebraron a súa festa de caniversarios cos seus compañeiros e compañeiras.
Convidáronnos a patacas, gusanitos, zumos e unha rica tarta de aniversario.







Moitas grazas a todos e....Moitas Felicidades!

Concerto didáctico no auditorio.

O pasado mércores realizamos unha saída ao auditorio para asistir a un concerto didáctico.







Realizamos unha visita pola historia da música Para coñecer os diferentes estilo de música.





Gustounos moito e pasámolo moi ben!

Visita ao parque de bombeiros de Lugo.

Realizamos unha visita ao parque de bombeiros de Lugo para coñecer un pouco máis o seu traballo...






Pasámolo moi ben!

Unha viaxe a pola india con...BOLLYWOOD!!!

Ao longo destas últimas semanas estivemos coñecendo moitas cousas da India:a súa xente, os seus vestidos, os seus edificios...e os seus bailes...
Esto fixo posible que os máis peques do cole conseguiran trasladarnos  a Bollywood cos seus bailes.


Noraboa a todos/as! Fixéstelo xenial!