CHEGOU O MAGOSTO!


O pasado venres celebramos a chegada do Outono coa festa das castañas no cole.



Fixemos diferentes traballos sobre as castañas...







Cantamos cancións...

E ademáis tamén puidemos participar en diferentes xogos populares organizados polo profe de educación física e os nenos e nenas de sexto de primaria.






Pasámolo xenial!

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Ao longo destas últimas semanas estivemos facendo diferentes actividades para celebrar o Samaín.
Pintamos cabazas, decoramos unha cinta de morcego, cantamos cancións, escoitamos contos,...







Pasámolo de medo!


TRABALLOS PARA O SAMAÍN


 Coa chegada do Samaín (Halloween) no colexio realizaremos unha exposición de traballos con material de refugallo sobre esta festa.                
    Os traballos realizaranse nas casas con axuda das familias e traeranse ao colexio a partir da semana que ven.
Animádevos a participar!

REUNIÓN XERAL DA A.N.P.A!

ATENCIÓN FAMILIAS!
O Mércores día 30 de Setembro, ás 20:00 h. celebrarase a Reunión Xeral da ANPA do C.P.R. Cervantes.
É importante a vosa asistencia!

Máis información en:

REUNIÓN INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS!

Lembrade que o próximo LUNS 14 DE SETEMBRO, ÁS 16.30 h. realizaremos unha reunión na aula na que teredes que levar todo o material do curso.
Ata o luns!

COMEZAMOS!

Hoxe foi o noso primeiro día de cole...


Fixemos moitas cousiñas... Xogar nos recunchos, cantar, xogar no patio, ver unha peli,....e tamén pintamos os debuxos dunha carta da profe Tere para os nosos papis.


BENVIDOS AO COLE!

Vémonos o Xoves 10 de Setembro ás 12h. na aula de "3 anos"!
A presentación durará sobre 30 minutos.