VISITAMOS A PANADERÍA "EL ABUELO"

Como se fai o pan?
Puidemos coñecelo na visita que realizamos á panadería 
"El abuelo".
Alí puidemos ver , grazas a mamá de Diego e aos seus compañeiros de traballo, o proceso que se segue para facer o pan.

Fariña, auga, sal,...


Amasado...


Fermentación...


e...ó forno!


Ummmmm...       

e ata nos levanos  uns boliños de agasallo...

MOITAS GRAZAS POR TODO!




UN ENTROIDO NO PAÍS DE "NUNCA JAMÁS"

Polo entroido... 
a nosa aula transformouse no "País de Nunca Jamás".
Un fantástico lugar cheo de aventuras con indios, pelonchos, bolboretas, gatiños, paiasos,...





Unha fermosa illa no tempo na que,
para cada aventura, só se necesita a imaxinación.


Se o imaxinamos é posible!

Xa sabemos como chegar:
segunda estrela á dereita e recto ata o amencer...


FELIZ "DÍA DA PAZ"!

O pasado venres celebramos o "DÍA DA PAZ" falando do que significa para nos a paz e decorando a nosas medallas da paz.




Reunímonos con todos os compañeiros/as e mestres do cole para trasmitirlles o que facemos na nosa aula para "bentratarnos"...
"QUERÉMONOS MOITO"