TEATRO NO COLE
O pasado Mércores asistimos, no colexio, á obra"Lume", representada por Babaluva.
Primeiro as dúas actrices nos contaron un conto, no que os animais dun bosque tiñan que facerlle fronte ao"lume" empeñado en queimalo todo.
O conto dicía así:"Había unha vez un carballo ao que lle caeron as landras e formouse un bosque. Había moitos animais: un porco espiño, unha vaca, unha ra, unha vacaloura, unha araña, unha eiruga, un esquío e outros. Vivían todos moi felices. Unha señora tirou un cigarro ao chan e formouse un incendio. Os animais non puideron apagar o lume. Chamaron á nube e a nube apagou o lume".
Despois as actrices representaron o conto sen falar.
Despois as actrices representaron o conto sen falar.
Os animais estaban construídos de toallas, medias, banquetas, iogures, vasos de plástico.
A obra lenbrounos o coidado e o respeto que debemos ter ao noso entorno.
CELEBRAMOS O XACOBEO 2010
Con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo 2010 imos realizar(de xeito virtual) a ruta do camiño de Santiago Francés para rematar visitando Santiago de Compostela.
Ao longo da nosa ruta pasaremos polas seguintes etapas:
- O Cebreiro - Triacastela
- Triacastela - Sarria
- Sarria - Portomarín
- Portomarín - Palas de Rei
- Palas de Rei - Melide
- Melide - Arzúa
- Arzúa - Santiago
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




