Fai "clic" na imaxe para ampliar a información.
FESTA DO MAGOSTO 2011
Como todos os anos por estas datas o vindeiro Venres celebraremos a FESTA DO MAGOSTO onde degustaremos castañas asadas...
REDONDO, REDONDO, DE FORMA CIRCULAR...
VISITA VIRTUAL AO "MUSEO NACIONAL DEL PRADO".
A Infanta Margarita invitounos a coñecer o Museo Nacional do Prado e ensínounos unha das obras máis coñecidas de Velázquez...
Fai "clic" na imaxe.
TUMBA POR ALÍ, TUMBA POR ALÁ...
E tamén tivemos tempo para cantar e bailar un pouquiño...con esta canción de "Mamá cabra"...
A bailar!
TRUCO OU TRATO?
Os máis peques do cole non podían deixar de celebrar unha das festas máis populares do outono: o Samaín.
No cole decoraron unhas caroutas de cabazas e uns gorriños de bruxas.
Ademáis, con axuda das súas familias fixeron todo tipo de adornos propios desta festa: tallaron cabazas, debuxos,...
Quedáronlles todas chulísimas...e fixémoslles entrega duns diplomas do Samaín para agradecerlles o esforzo realizado. Noraboa a todos/as!
(Máis fotos na parte dereita do blogue) |
2ª FESTA DE CUMPREANOS.
Sara, Marta e Irea convidáronnos a patacas fritas, gusanitos, zumos,... para celebrar o seu 3º cumpreanos.
Despois do tradicional "sopro de vela" degustamos unha deliciosa tarta de chocolate e tamén nos agasallaron unhas bolsiñas de chuches. MOITAS GRAZAS ÁS TRES! e MOITAS FELICIDADES!
(Podedes ver fotos da festa na parte dereita do blogue)
UNIDADE 1: PAPELILLO E PAPELOTE.
Como ben sabedes fai uns días rematamos a UNIDADE 1: Papelillo e Papelote. Nesta unidade puidemos coñecer a "Papelote", o noso gato grandote que antes era pequeniño e se chamaba "Papelillo", pero como medrou...ao cole chegou!
Esta unidade xirou en torno a un dos principais ambiente nos que os nenos/as se desenvolven: a escola.
A través das distintas actividades os nenos/as achegáronse e coñeceron a outras persoas, espacios, e normas disitntas ás familiares. Experimentaron diferentes situacións e procuramos que participaran e se integraran nelas.
Dialogamos sobre a importancia de manter a aula e os seus espacios limpios e ordenados e tratamos de sentar as bases para que a vida na aula sexa o máis organizada posible co fin de que todos se sintan cómodos e alegres.
Ademáis traballamos aspectos relacionados co coñecemento do corpo, autonomía personal, a expresión de sentimentos e emocións, o coidado dos aspacios, o respeto e a aceptación dos demáis,...
Uf! Canto aprendemos!Verdade? Pois... seguiremos aprendendo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)