PINTANDO PEIXES DE CORES...

Continuamos co noso proxecto...


decorando peixes de cores...

CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO"!

O pasado 23 de Abril celebramos o "DÍA DO LIBRO" falando da importancia de mirar e ler libros...




Ademáis tamén decoramos o noso propio marcapáxinas...







PREPARANDO A "IV CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA"!

Como en anos anteriores, por estas datas, o Colexio Cervantes organiza a "Carreira Solidaria pola auga", que este ano se celebrará o Domingo 18 de Maio de 2014.

As carreiras desenrolaranse no entorno da Praza Agro do Rolo(Nova Praza da Milagrosa),sendo a saída da proba de adultos diante da FARMACIA LABANDEIRA.


Como novidade...este ano todos os participantes levarán de agasallo unha CAMISETA TÉCNICA así como o avituallamento ao finalizar a proba..

Ademáis todos os inscritos formalmente na páxina de CHAMPION CHIP NORTE (
www.championchipnorte.com) entrarán en sorteos de balóns e material deportI
vo(para os nenos/as) e unha TABLET Samsung Galaxy e dúas FINS DE SEMANAS en casas de Turismo Rural(para adultos).

Todo o recaudado entregarase a asociacións benéficas da nosa cidade, como Cáritas e o Banco de alimentos, deixando unha pequena parte para o noso proxecto "Cada gota un tesouro" en África.

ESPERÁMOSVOS!

FINALIZA O 2º TRIMESTRE DO CURSO!

Despois dun trimestre cheo de novas experiencias ,aprendizaxes, sorpresas,... toca comezar a última etapa do noso primeiro ano de cole que, estou segura, seguirá sendo un tempo de novas ilusións, aprendizaxes,...


Lembrade que o próximo luns deberedes traer todo o material do terceiro trimestre que tedes na casa e... 

MOITAS GANAS DE SEGUIR APRENDENDO!

UN AGASALLO PARA PAPÁ!

O pasado mércores celebramos o "DÍA DO PAI"...


e para celebralo preparamos uns agasallos para os nosos papás...
Fixémoslles uns chaveiros con masa que seca ao aire e con axuda dun molde en forma de coche... 





e ademáis...tamén decoramos, coa profe Pilar, unhas postais...


PAPIS, DESEXAMOS QUE VOS GUSTEN!

PLUMAS DE PAVÓN(PAVO REAL).

Hugo Rouco tróuxonos ao cole plumas de pavón (Pavo Real)...


Contounos que os pavóns son paxaros  que ten o seu avó e que estes paxaros teñen moitas plumas de cores moio vistosas.

MOITAS GRAZAS POLO TEU AGASALLO HUGO!

2ª FESTA DE CUMPREANOS!

O pasado venres celebramos a festa de cumpreanos de DAFNE, MATEO, JESÚS ARIAS, OLIVER E ALBA.


Convidáronnos a uns apertitivos...


e e unha tarta...


Ademáis de sorprendernos cuns agasallos...


Moitas grazas a todos/as! e...


MOITAS FELICIDADES!