CREAMOS UNHA RODA DOS ALIMENTOS.

Estamos metidos de cheo no noso proxecto de SEMENTES DE FUTURO e na aula estamos aprendendo moitas cousas sobre o horto.
Nesta ocasión fixemos unha roda dos alimentos para saber cando temos que plantalos e cando se recollen.










CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!

O 23 de Abril celébrase o DÍA DO LIBRO.
 Nós celebrámolo  escoitando diferentes contos da literatura popular e decorando o noso primeiro libro de contos.






2ª FESTA DE ANIVERSARIOS!




Antes de poñer fin ao segundo trimeste do curso festexamos a festa de cumpreanos dos nosos compañeiros/as: Irune, Lucas, Illlyas, Hernán, Youssef, Laura, Doua e Vera.



Convidáronnos a uns aperitivos(patacas, gusanitos,...), zumos,un pastel de cumpreanos e un agasallo de recordo.
MOITAS FELICIDADES!

SAÍDA AO SUPERMERCADO!

A semana pasada realizamos unha saída para visitar un supermercado do noso barrio...

percorremos as súas instalacións coñecendo as diferentes seccións...
froitaría...
panadería...
peixería..
carnicería...

e antes de marchar mercamos froita para degustar na aula.

FELICIDADES PAPÁS!

Fixemos varios traballiños para entregarlles aos nosos papis polo día do pai...

Unhas postais decoradas con gomets...

e  uns coches para as chaves...








quedáronnos moi ben!
Esperamos que vos gusten papis!

DESFILE DE COMPARSAS DE ENTROIDO!

E para rematar a celebración do entroido no cole...
o venres participamos no noso primeiro desfile de comparsas...





algo asustados ó ver a tanta xente...
pero os máis peques do cole fixérono xenial.

BAILE DE ENTROIDO E CHOCOLATADA


Paiasos, magos, fadas, piratas, bruxas,... 



... encheron o cole para celebrar o entroido.
Pasámolo xenial bailando, cantando,...
e degustando un rico chocolate...



FESTEXAMOS O "DÍA DA PAZ"!


Falamos do significado da palabra PAZ e decoramos unha pomba da paz para levar para as nosas casas...

Chegou o ENTROIDO!


Chegou o ENTROIDO! 

XOVES 12 DE FEBREIRO : BAILE DE ENTROIDO e                                         CHOCOLATADA. 
                                         De 16.30 a 18:00 h.
                                                (Os nenos/as terán que vir disfrazados da casa).

VENRES 13 DE FEBREIRO : DESFILE DE COMPARSAS.
                                       Desfilarán os distintos cursos con traxes feitos polos mestres con material de refugallo.
                             As familias poderán ver o desfile a partir das 12:45 h.

FIN DE TRIMESTRE


Despois de tanto traballo, remata un trimestre cheo de sorpresas, risas, descubrimentos, avances... e, sobre todo, crecemento. Nestas carpetas temos o traballo de todos estes meses, e ademais as notas e unhas palabras de recordo para este Nadal... Quedaron moi bonitas as carpetas, verdade?




Así que hoxe, útlimo día de colexio ate o ano que ven, tivemos un día especial, sentámonos todos xuntos e pintamos, xogamos, escoitamos panxoliñas, vimos películas... E despois entraron os papás e mamás para axudarnos a levar tanto material...



Despois deste día tan especial, solo nos queda dicir....


BO NADAL E PROSPERO ANINOVO!!!!!