PREMIO Á AULA MÁIS CREATIVA!
NORABOA PEQUES! CONSEGUIMOS O PREMIO Á
AULA MÁIS CREATIVA
Aquí tedes a invitación:
Temos o pracer de convidarvos ao acto de entrega dos Premios da Caridade 2025, que se celebrará o 19 de xuño ás 18:00 h no pavillón do Seminario Diocesano de Lugo*.
Será unha ocasión especial para recoñecer o traballo, o compromiso e a ilusión de todos os que participastes nesta experiencia.
Ao finalizar a entrega, contaremos coa actuación do Mago Lolo, que nos agasallará cun espectáculo cheo de maxia e humor para todas as idades.
Agardámosvos con moita ilusión para celebrar xuntos este día tan especial!
IMPORTANTE:
O LUNS DEBERÉDESME COMUNICAR SE CONTO CON VÓS
PARA IR A RECOLLER O PREMIO.
FESTA DE ANIVERSARIOS DO TERCEIRO TRIMESTRE
CELEBRAMOS A FESTA DE ANIVERSARIOS DE:
Jose Antonio, Alma, Maira, Valentina B e Oliver.
Convidaron aos seus compañeiros/as a uns aperitivos salados e un delicioso pastel.
Houbo tempo para facerse unhas fotos graciosas no noso photocall.
Entregaron un agasallo de recordo aos seus compis...
E tamén houbo tempo para bailar un pouquiño...
Pasámolo xenial!
Feliz volta ao sol peques!
IMPORTANCIA DO CONSUMO DE FROITAS
Tamén aproveitamos para falar da importancia de mercar a froita sen envases para evitar a contaminación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)