A IMPORTANCIA DOS CONTOS EN ED. INFANTIL

 A lectura é unha gran aventura que comeza na infancia e non remata nunca, mais o hábito de ler non se improvisa, hai que adquirilo paulatinamente para que estea sempre presente nas nosas vidas.
Os contos en educación infantil son un medio excelente para despertar a imaxinación, aprender diversos conceptos culturais e involucrar indirectamente aos nenos/as no mundo da ciencia, da xeografía, da natureza,... e estimular o seu lado sesible e crítico das cousas.
O primeiro contacto dos nenos/as coa literatura é a través das cancións de cuna, da literatura oral. Maís tarde será o conto narrado ou lido polos seres queridos. Logo, no colexio, o libro transfórmase nun xoguete máis ao seu alcance...ata o momento que logren descifrar po sí mesmos as primeiras letras, descubrindo deste xeito un mundo fantástico.

É nesta etapa onde os pais/nais debedes aproveitar ese instante lúdico de descubrimento para reforzar ao neno/a o hábito da lectura.
Para iso, nos próximos meses, os xoves, imos realizar os obradoiros de contacontos, no que teredes a posibilidade de participar na vida na aula dos vosos nenos/as contándolles un conto. Se estades interesados nunha data en particular non dudedes en comentarmo. ¡Esperámosvos!