FLUORIÑO E CEPILLIÑO NA NOSA AULA.

A saúde bucodental é un aspecto fundamental da saúde e do benestar xeral da sociedade. 
Polo tanto é importante concienciar aos nenos e nenas da importancia do cepillado despois de cada comida, como medida preventiva para evitar a carie.

Para iso, repartimos entre os nosos alumnos/as cepillos(subministrados polas consellerías de Educación e Sanidade) e coñecimos a FLUORIÑO, un tubo de pasta detal moi amigo d tódolos nenos/as e superprotector da nosa dentadura, e ao seu compañeiro inseparable CEPILLIÑO que nos ensinaron cousas de gran importancia para a nosa saúde bucodental.