PAPELOTE VAI Á CASA DE RAÚL.


Raúl levouse unha sorpresa moi grande  cando se enterou de que Papelote iría a súa casa. Cando chegaron a casa Papelote comeu con Raúl(tiña moitísima fame). Pola tarde foron a Coruña,  porque o sábado era o cumpreanos da súa avoa. Como fixo sol foron á praia con Papelote e gustóulle moitísimo. Tamén puido dar unha volta nos coches da festa, e despois non se quería baixar deles. Os tres días durmiron xuntos e fíxolle moita compañía. ¡Pasárono moi ben xuntos!