Levamos un mes de curso e agora é importante que fomentemos a autonomía dos nosos nenos/as.
Unha maior
autonomía favorece a capacidade de decisión dos nenos/as.
Como ben sabemos, todo se aprende , e
polo tanto, todo se enseña. Para que os nenos/as sean independentes e
autónomos, dependerá moito da educación que lles deamos.
Polo tanto, será importante que non nos
anticipemos ás accións dos nenos/as, a non deixarlles actuar ou a facer outras
cousas que poden facer soliños/as.
Os nenos/as aprenden a ser autónomos nas
pequenas actividade diarias que se desenvolven na casa, no colexio,...
Os nenos/as queren medrar, queren
demostrar que son maiores en todo momento. Polo tanto, pais e educadores,
debemos aplicar tarefas que axuden aos nenos/as a que demostren as súas
habilidades e o seus esforzos. Poñer, recoller, agarrar, abrochar e desabrochar,
ir ao baño, comer soliños/as,... son accións que axudarán aos nenos/as a
situarse no espacio no que viven, e a sentirse partícipes na familia e entre os
seus amigos.