O pasado venres visitamos o Acuarium finisterrae para sumerxernos no Atlántico...
De camiño ao Aquarium Finisterrae tamén tivemos a oportunidade de ver o histórico faro da cidade, a Torre de Hércules.
Alí chamounos a atención Gastón, unha quenlla touro.
Tamén puidemos ver como os coidadores do acuarium lle daban de comer ás focas...
e na sala maremagnun puidemos ver ...
estrelas de mar...
cabaliños de mar...
medusas,...e moitas especies marinas máis...
Despois de xantar tamén puidemos visitar o Planetario, na CASA DAS CIENCIAS, no que puidemos asistir a sesión de "La niña que sabía caminar al revés", a través da cal puidemos coñecer un pouquiño máis o Universo, visto boca abaixo a través dos ollos dunha nena.
Despois dun día moi longo, e cargado de sorpresas, chegamos moi cansadiños pero o máis importante é que o pasamos moi ben.