O pasado venres realizamos a nosa primeira saída en autobús para visitar o Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol.
Durante a nosa visita atopámonos con diferentes personaxes do conto da BELA DURMINTE.
Na planta baixa puidemos ver diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...).
Alí tamén nos atopamos coa raíña do castelo.
Na primeira planta puidemos ver unha cociña na que se encontraban tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. ;
Na cociña tamén nos levamos unha gran sorpresa...a bruxa!
Nesta planta tamén puidemos ver un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista ; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio.
O primeiro e segundo piso da Torre puidemos ver diferentes coleccións de armas brancas e de fogo, unha armadura, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc.
Alí atopámonos co cabaleiro do castelo e...
a fada mala...
E para despedirnos da nosa visita ao castelo...falamos co rei que nos convidou a ir outro día a visitalo.