Visitamos a residencia Orfea para compartir unha sesión de psicomotricidade cos seus maiores...
Primeiro fixemos uns exercicios de quecemento(movendo pernas, brazos,...) e despois tamén puidemos participar nun circuito.
Tamén puidemos visitar a sala de fisioterapia do centro, onde a fisioterapeuta Tere nos explicou o seu funcionamento e onde tamén puidemos facer algúns xogos.
Encantounos compartir esta sesión de psicomotricidade cos maiores, e ata nos fixeron uns agasallos...
Moitas grazas Sonia(mamá de Alba) por facer posible esta visita.