SESIÓN DE CINE CON “VALENTINA”.



Asistimos a unha sesión de cine para ver a peli de “Valentina”.Valentina non é unha película sen máis. O filme, de factura galega, fíxose o ano pasado co Premio Goya á mellor longametraxe de animación.

Esta fermosa historia está protagonizada por unha nena con síndrome de Down que pensa que nunca chegará a ser trapecista. Porén, ao longo dunha viaxe máxica descubrirá todo o que, en realidade, é quen de facer e aprenderá que nunca debe perder a ilusión nin as gañas de coñecer. O traballo relata o xeito no que Valentina aprende, se relaciona e evoluciona. Como calquera outra persoa, sen fomentar nin compaixón nin admiración, senón algo moito máis fondo e xenuíno: a empatía e o respecto. 









E para seguir cantando as cancións da peli …
preme aquí: