TEATRO NO AUDITORIO:"PINGÜIN"


Asistimos á obra de títeres"Pingüin" que nos axudará a aprender e madurar como persoas.


Aproveitamos para ver a exposición de cadros do Auditorio Gustavo Freire.








Premio ao mellor espectáculo no World Art Festival of Puppets de Praga no 2004 e Premio á mellor proposta dramática en La Fira de Titelles de Lleida no ano 2000.

 Esta obra aborda o tema da difícil situación á que se enfronta un neno cando ten que compartir o agarimo e a atención da súa familia cun novo irmán que chega. O noso “príncipe destronado” deberá superar esta proba dándose conta de que gañou unha amizade para toda a vida.

Gustounos moito.Pasámolo xenial.