Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: "Unha viaxe polo fondo do mar".. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: "Unha viaxe polo fondo do mar".. Mostrar todas las entradas

CREANDO PEIXES CON MATERIAL DE REFUGALLO(BOTELLAS DE PLÁSTICO)

Pintamos as botellas de cores...

E despois deixámolas secar...
para pegarlles as aletas,ollos,...

VISITA ÁS AULAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

Fai uns días realizamos unha visita ás aulas de 1º e 2º de Primaria para coñecer as súas mascotas(uns peixes de cores).




Alí,os nosos compañeiros/as maiores contáronnos os coidados básicos dos peixes e ata nos deixaron darlles de comer...

SOMOS PORTADA NO XORNAL!


O pasado Venres puidemos vernos no Xornal de "La voz de galicia" nos diferentes obradoiros que se realizaron no cole o día anterior para a elaboración de diferentes produtos ecolóxicos para o "Mercadillo Solidario".




Podedes ver máis información premendo AQUÍ.

CREAMOS "SALES DE BAÑO"!

Dentro dunhas semanas, coa chegada do Nadal, no noso cole realizaremos un "MERCADILLO SOLIDARIO"  no que os nenos/as cambiarán diferentes produtos ecolóxicos(xabóns, cremas e sales de baño feitas por eles) por alimentos que despois donaremos a Cáritas e ao Banco de alimentos da nosa cidade
Para iso, o pasado Xoves, na nosa aula realizamos  un obradorio de "Sales de Baño".

Empregamos sal gorda, colorantes de diferentes cores e diferentes esencias aromáticas...

botamos sal gorda...

unhas gotiñas de colorante...
e unhas gotiñas de esencia aromática...
mesturamos ben...

ummmmmmm...que ben ule!
e deixamos reposar  uns días....

CREANDO PEIXES DE CORES CON MATERIAL DE REFUGALLO.

Despois de investigar un pouquiño nos materiais que trouxemos ao cole sobre o "Fondo do mar" atopámonos con que o mar está cheo de peixes de diferentes cores, tamaños,... e de moitas formas.

Así que decidimos facer os nosos propios peixes con material de refugallo...
Nesta ocasión empregamos pratos de cartón que pintamos de diferentes cores...



e, despois de deixalos secar ben, decorámolos con moitos gomets.




CARTA PARA AS NOSAS FAMILIAS.



Para comezar a investigar sobre o noso proxecto: "Unha viaxe polo fondo do mar" pedimos axuda ás nosas familas cunha carta decorada cun fondo mariño...