MOTRICIDADE FINA

O desenvolvemento da motricidade fina é decisivo para a experimentación e a aprendizaxe sobre o entorno. Polo tanto, xoga un papel decisivo no aumento da intelixencia.
Igual que a motricidade grosa, a motricidade fina desenrólase nunha orde progresiva, pero a un paso desigual.

Na aula realizamos diferentes actividades para axudar a desenvolver a motricidade fina:

RECORTAMOS:




CIRDUÍTO 1 DE PSICOMOTRICIDADE

Nesta sesión realizamos un circuíto utilizando módulos de espuma e colchonetas. Neste circuíto todo o grupo recorreu un traxecto durante o cal os nenos/as se atoparon con diferentes exercicios( gateo con más, gateo sen mans,...).
Os nenos/as saíron de forma progresiva e cando remataron puideron volver a reinicialo varias veces.

OBRADOIRO DE CONTACONTOS I

O pasado xoves recibimos a visita dunha fantástica contacontos, Begoña, a mamá de Nuria Gil.
Contounos o conto de PINOCHO, excelente conto para ensinar aos nenos/as valores como a obediencia, a xenerosidade e a sinceridade e o perdón.
En definitiva, plasma a realidade actual para moitos nenos/as na nosa sociedade.

Disfrutamos moito e esperamos que o próximo contacontos non tarde moito en volver.

A RITMO DE PANDEIRO E AXÓUXERES

Nesta ocasión traballamos e expresión co movemento. A través de diversas actividades popostas os nenos/as foron adaptando os seus movementos corporais ao ritmo del dous instrumentos musicais: o PANDEIRO e os AXÓUXERES,contribuíndo deste xeito á potenciación do control rítmico corporal.

A IMPORTANCIA DOS CONTOS EN ED. INFANTIL

 A lectura é unha gran aventura que comeza na infancia e non remata nunca, mais o hábito de ler non se improvisa, hai que adquirilo paulatinamente para que estea sempre presente nas nosas vidas.
Os contos en educación infantil son un medio excelente para despertar a imaxinación, aprender diversos conceptos culturais e involucrar indirectamente aos nenos/as no mundo da ciencia, da xeografía, da natureza,... e estimular o seu lado sesible e crítico das cousas.
O primeiro contacto dos nenos/as coa literatura é a través das cancións de cuna, da literatura oral. Maís tarde será o conto narrado ou lido polos seres queridos. Logo, no colexio, o libro transfórmase nun xoguete máis ao seu alcance...ata o momento que logren descifrar po sí mesmos as primeiras letras, descubrindo deste xeito un mundo fantástico.

É nesta etapa onde os pais/nais debedes aproveitar ese instante lúdico de descubrimento para reforzar ao neno/a o hábito da lectura.
Para iso, nos próximos meses, os xoves, imos realizar os obradoiros de contacontos, no que teredes a posibilidade de participar na vida na aula dos vosos nenos/as contándolles un conto. Se estades interesados nunha data en particular non dudedes en comentarmo. ¡Esperámosvos!

DESFILE DE COMPARSAS

O Venres pola mañá participamos no desfile de comparsas, de disfraces elaborados con material de refugallo.

FESTA DE ENTROIDO E CHOCOLATADA

O pasado Xoves pola tarde puidemos desfrutar dunha entretida festa de entroido, na que todos/as puidemos converternos por unhas horas nos persoaxes máis desexados: fadas, princesas, piratas,...

E ademáis puidemos degustar un delicioso chocolate elaborado polos profes.

XOGAMOS CO NÚMERO DOUS

Unha das mellores formas de ir desenrolando nos nenos/as o gusto e interés polos números e a través do xogo.

A través deste xogo traballamos a direccionalidade do número dous. Para iso realizamos un "dous xigante"con folios brancos para que os nenos/as fixeran o percorrido partindo da frecha.