Preme na imáxe para ampliar a información.
CELEBRAMOS O SAMAÍN!
Os máis peques do cole tamén celebraron o SAMAÍN, decorando debuxos, máscaras de cabazas,..
Ademáis tamén aprenderon unha canción moi entretida, do grupo galego "Mamá Cabra"...
Os participantes na exposición de cabazas do cole foron agasallados cun diploma para agradecer a súa participación.
Moitas grazas a tod@s!
Sodes uns artistas!
1ª FESTA DE CUMPREANOS!
Hoxe celebramos a primeira festa de cumpreanos do curso.
Amir, Carla, Sergio, Jennifer, Martiño e Lucía convidaron aos seus compañeiros/as a chocolate quentiño, churros, unha deliciosa tarta de cumpreanos e caramelos.
Eles leváronse unha volvoreta con debuxos da súa profe e de todos os seus compañeiros/as como agasallo.
Podedes ver máis fotos da festa na galería de fotos da parte infarior dereita do blogue.
Podedes ver máis fotos da festa na galería de fotos da parte infarior dereita do blogue.
DEGUSTACIÓN DE FROITAS DO OUTONO.
Despois da visita ao supermercado puidemos degustar as froitas que mercamos.
Pero, para facelo máis entretido fixemos as nosas propias figuriñas de froitas(corazóns, estrelas, osiños, elefantes, soles,...).
VISITA AO SUPERMERCADO.
Hoxe realizamos unha visita ao supermercado que está cerca do noso cole.
Alí puidemos ver a gran cantidade de froitas e froitos típicos do outono.
PRIMEIRAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE
Ao longo destas primeiras sesións de psicomotricidade do curso puidemos aprender a importancia dun bo quecemento para evitar lesións...
e ademáis tamén puidemos xogar a diferentes xogos, como o do"os xigantes e os ananos"...
FELIZ "SAN FROILÁN"!
Para festexar as festas da nosa cidade pintamos un polbo...
e ademáis recibimos a visita de DON POLBO...
e ademáis recibimos a visita de DON POLBO...
NENOS/AS AUTÓNOMOS E INDEPENDENTES
Levamos un mes de curso e agora é importante que fomentemos a autonomía dos nosos nenos/as.
Unha maior
autonomía favorece a capacidade de decisión dos nenos/as.
Como ben sabemos, todo se aprende , e
polo tanto, todo se enseña. Para que os nenos/as sean independentes e
autónomos, dependerá moito da educación que lles deamos.
Polo tanto, será importante que non nos
anticipemos ás accións dos nenos/as, a non deixarlles actuar ou a facer outras
cousas que poden facer soliños/as.
Os nenos/as aprenden a ser autónomos nas
pequenas actividade diarias que se desenvolven na casa, no colexio,...
Os nenos/as queren medrar, queren
demostrar que son maiores en todo momento. Polo tanto, pais e educadores,
debemos aplicar tarefas que axuden aos nenos/as a que demostren as súas
habilidades e o seus esforzos. Poñer, recoller, agarrar, abrochar e desabrochar,
ir ao baño, comer soliños/as,... son accións que axudarán aos nenos/as a
situarse no espacio no que viven, e a sentirse partícipes na familia e entre os
seus amigos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)