COMEZAMOS 2º RETO DESTE TRIMESTRE!

Ao longo deste 2º reto trataremos de coñecer un pouco máis o noso corpo, así que ambientamos a nosa aula para tratar de conseguir o noso reto...


MAGOSTO 2018!

Visitounos  un " castañeiro"e o seu tren de asar castañas, para achegarnos un pouquiño máis unha das festas máis tradicionais da nosa cultura galega...


 Puidemos ver moi de preto como se asan as castañas...



Degustamos castañas...






E...creamos a nosa propia "castañeira".







1ª SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NA RESIDENCIA DE MAIORES ORFEA.

Visitamos a residencia Orfea para compartir unha sesión de psicomotricidade cos seus maiores...

Primeiro fixemos uns exercicios de quecemento(movendo pernas, brazos,...) e despois tamén puidemos participar nun circuito.




 Tamén puidemos visitar a sala de fisioterapia do centro, onde a fisioterapeuta Tere nos explicou o seu funcionamento e onde tamén puidemos facer algúns xogos.



Encantounos compartir esta sesión de psicomotricidade cos maiores, e ata nos fixeron uns agasallos...

Moitas grazas Sonia(mamá de Alba) por facer posible esta visita.


SAMAÍN 2018!

O samaín chegou á aula de 5 anos...

Atopámonos cunha sorpresiña terrorífica para entrar na aula...

Participamos nun obradoiro colaborativo cos nenos/as de 4º de primaria.





Este foi o resultado final...







Pasámolo de medo...

COMEZAMOS O NOSO PRIMEIRO RETO DO CURSO.

Actividades plásticas con diferentes técnicas (acuarelas, ceras,...) sobre a nosa cidade...







PSICOMOTRICIDADE: XOGOS CO BALÓN







CONTACONTOS EN INGLÉS