CREAMOS UN CONTO.

Fai algunhas semanas comezamos a crear un conto, epregando o programa de audio: audacity e o encerado dixital( que epregamos para crear as imáxes).

¡Esperamos que vos guste!


FESTIVAL FIN DE CURSO 2011.

O próximo 27 de Maio, as 19:30 terá lugar o FESTIVAL FIN DE CURSO do colexio no AUDITORIO GUSTAVO FREIRE (no Parque de A Milagrosa).

Os nenos/as terán que levar posto:
- camiseta laranxa.
- pantalón ou falda vaqueira.
- guantes de algodón brancos.

¡ESPERÁMOSVOS A TODOS/AS!

DEFENSORES DA MURALLA.

Outro ano máis participamos na undécima edición dos PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO, convocados polo grupo El Progreso, en colaboración coa Xunta, o Concello, a Vicepresidencia Primeira da Diputación, Novacaixagalicia e a universidade de Santiago.

Polo noso traballo ben feito gasalláronnos cun diploma que nos declara DEFENSORES DA MURALLA.

¡NORABOA A TODOS/AS!
  




PAPELOTE VAI Á CASA DE NOHAILA.

Nohaila pasouno moi ben a fin de semana xogando con Papelote.

CARREIRA SOLIDARIA POLA AUGA.

O pasado MARTES 17 DE MAIO o deporte a a solidariedade déronse a man na Carreira Solidaria pola Auga, que congregou a cerca de 500 corredore na Praza da Milagrosa.

Fai "click" na imaxe para ver a nova.

DÍA DAS "LETRAS GALEGAS".

O pasado martes, 17 de Maio, celebramos o "Día das Letras Galegas", este ano adicado a Lois Pereiro.

Para celebralo os nenos/as fixeron uns traballiños e aprenderon unha poesía en galego....



PAPELOTE VAI Á CASA DE ÁNGEL JESÚS.

Papelote pasouno moi ben xogando con ÁNGEL ao longo de toda a fin de semana.

¡"A", "E", "I", "O","U"!

Ao longo deste trimestre estamos traballando as letras "A", "E", "I", "O","U".


      Fai "click" na imaxe para seguir aprendendo.